Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

03 09/10
Portada arrow Opinión arrow O curuto do corvo
O curuto do corvo
¡Memoria! ¿Que memoria?
Escrito por Carlos Méixome   
Martes, 12 de Agosto do 2008
Agustín Villafines González, tiña 36 anos, no mes de xullo de 1936, estaba casado, era natural e veciño de Baiona, albanel de profesión e Tenente de Alcalde, en funcións de Alcalde, na altura daquel fatídico mes, daquel tráxico ano. Uns días despois do golpe militar-fascista, o 1º de agosto, preséntase voluntariamente ante as autoridades militares ao considerar que nada debe temer. Equivocouse.
 
Carlistas no Miñor
Escrito por Carlos Méixome   
Mércores, 25 de Xuño do 2008
José Arias Teixeiro, segundo un gravado de B. de Artágen
José Arias Teixeiro, segundo un gravado de B. de Artágen
Ese outro día visitei na súa casa da Ramallosa a Adolfo Rego Pérez. Un falangueiro mozo que hai tempo deixou atrás as oito décadas mentres coida con suma atención da súa esposa tristemente enferma e ordena reiteradamente unha abondosa biblioteca.
 
Insisto: un concello para o Val Miñor
Escrito por Carlos Méixome   
Xoves, 07 de Febreiro do 2008
ImageHai xa algún tempo, o 23 de abril de 2006, na compaña de Xosé Lois Vilar, publicabamos, nas páxinas do Faro de Vigo, un artigo no que defendiamos, sen disimulo, a conveniencia da agrupación dos tres concellos do Miñor. Aduciamos razóns históricas, prácticas, económicas, organizativas,... ou simplemente de “sentido común”. A proposta resaltaba a necesidade e oportunidade de cando menos iniciar un debate sobre a pertinencia, ou non, dun só concello no Miñor. Relido o texto coidamos que non perdeu actualidade fóra dalgún asunto puntual.
 
Sobre a propiedade absoluta
Escrito por Carlos Méixome   
Luns, 31 de Decembro do 2007
Image

O concepto de propiedade variou moito ao longo da historia. Mesmo houbo tempos nos que os seres humanos podían ser propiedade doutros seres humanos e ao mesmísimo Aristóteles semelláballe do máis razoable. Durante séculos a propiedade estivo vinculada a unha institución, fose esta unha abadía, un título de nobreza ou outros entes xurisdicionais. A revolución agraria de comezos do XIX e o seu corolario que coñecemos como revolución industrial empurrou con forza o concepto de propiedade privada capitalista.

 

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.