Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 07/10
Portada arrow Opinión arrow O cruceiro de San Campio
O cruceiro de San Campio
Carmen “a coxa”
Escrito por A. Valverde Alonso   

Día de feira na Ramallosa. Foto do IEM
Día de feira na Ramallosa. Foto do IEM
Moitos de vós, os que teñades máis de trinta anos, lembraredes ver a esta muller acotío na estación do tranvía da Ramallosa, pois todas as tardes vendía froita alí. A súa coxeira era ben sobresainte.
Carmen estaba coxa porque se metera diante dun camión que estivera a piques de atropelar a un dos moitos fillos que tiña, e levouna por diante, iso si, ao fillo non lle pasou nada. Recibiu o golpe na cadeira deixándoa eivada.
Ela contaba esta historia e engadía, salientando a súa fortaleza, “e miren que cabalo serei que nin febre tiven”.

 
O “Punto 0” do Val Miñor
Escrito por A. Valverde Alonso   
Cruceiro de San Campio Ramallosa. Foto IEM
Cruceiro de San Campio Ramallosa. Foto IEM
Éche ben certo que o centro, o “Punto 0” do Val Miñor esta no “cruce” da Ramallosa. Baiona, Nigrán e Gondomar teñen, como non había de ser menos, os seus “centros” ou lugares onde, de cote e dunha maneira mais intensa, reúnense as xentes do lugar para falar das novas e dos “cotilleos”.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>

Resultados 10 - 11 de 11

Antonio Valverde

Antonio Valverde

Vigo 1935 

Nacido en Vigo no seo dunha familia gondomareña, pasou a súa infancia a cabalo entre a cidade olívica e o Val Miñor, para logo asentar a súa vida profesional en Madrid pero sen perder de vista o seu querido Val Miñor.

Neto de Manuel Alonso Pérez, o que fóra secretario do concello de Gondomar e un dos artífices administrativos das escolas Proval.
Neto tamén do mestre de obras Angel Valverde Saines, da Cabreira, ao que lle debemos o legado de casas tan singulares como a casa onde está ubicada a farmacia da Ramallosa.

Primeiros recordos do Val Miñor 

"Recordo ir dende a casas dos meus pais,  todos os días a bañarme á praia, pola vía do tranvía. Por un sendeiro porque non había nin estradas nin outro medio... Ou collías o tranvía e te apeabas no apeadeiro de Lourido ou ibas andando....

Nas casetas onde estaba Argimiro, onde te mudabas de traxe de baño. .. Saías aterido de frío e púñaste detrás da caseta ao resgardo do vento do norte, e se tiñas unhas perriñas, que eran poucas, si as tiñas lle mercabas unha mazá a Casimiro. Lembro comer aquela mazá detrás da caseta de Casimiro, e logo volver pra Ramallosa abafados de calor co traxe de baño mollado na cabeza."