Eu podería ficar calado, deixar enfriar a cousa. Pero non. Aínda con medo a dicir algunha inconveniencia, non me resisto a opinar en quente. Pódeme a carraxe.
O grafitti é un xeito de expresión que eu respecto, e paréceme ben que a xente tente decir e expresar libremente o que queira. Só faltaría. Agora ben, desagradame a falla de respecto por outras obras ou feitos de expresión que están aí de antes, e que se poden compartir ou non, poden gustar ou non.
Aproveito un momento en que Unión-Penosa consinte que na miña casa entre a potencia suficiente para que poida funcionar o router do meu sistema electrónico de comunicación, para enviar estas notas que continúan a ronda de opinións sobre a existencia da parroquia e o seu papel no desenvolvemento da Axenda 21, en concreto, no concello de Nigrán. 1. Se a parroquia non existe, por que existen colectivos veciñais de ámbito parroquial? Por que existen alí centros sociais, máis ou menos culturais, que non se atopan a nivel de concello?. 2. A planificación urbanística debería atender os intereses e as realidades da nación, da comarca, da área metropolitana, da parroquia, como dos propios individuos.
Moito se está a falar da zona deportiva que previsiblemente ocupará un campo de golf. Non cabe dúbida que se insiste desde o Goberno Municipal que non se contemplarán chalets na urbanización e que será de carácter público. Como en todos estes debates que se orixinan na Administración, temos que andar con pes de chumbo, porque, ¿que queren decir con público?.
Presentouse o día 14 de decembro no colexio de Panxón a denominada Axenda 21, que vai ser algo así como unha plataforma de xestión para o coñecemento socioeconómico do concello, cunha repercusión directa na elaboración do PXOM de Nigrán. Presentaron o acto e interviron desde a mesa o concelleiro de Medio Ambiente e Participación Cidadá, Juan Hermida; o alcalde Efrén Juanes; o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, Emilio Fernández; e un técnico da empresa contratada para desenvolver a Axenda 21 neste concello.