Seica non está claro porqué algúns nos opomos a construccion dun parque eólico que condicionaría directamente 200.000 metros cadrados da serra da Groba. Tampouco está clara a nosa, en teoría contradictoria postura, pois , sendo ecoloxistas e defensores do patrimonio e a natureza, a producción eólica e a que máis e mellor fai sustentabel as dúas cousas.
Remata hoxe o prazo para presentar alegacións ao Plan Eólico da Xunta. Segundo informacións da prensa, a patronal decidiú non alegar como colectivo, si o poden facer empresas a título individual, e prefiren porse a traballar arreo para presentar as propostas para conseguir algunha das concesións previstas a partires do próximo domingo, día nove de marzo. É moito o que está en xogo e ninguén se quere arriscar a quedar fóra do reparto.
No presente informe abordaremo o tema do transporte de viaxeiros na comarca do Val Miñor. Nel analízase en primero lugar a situación actual do servizo de autobús urbano e interurbano do Val Miñor suliñando as súas principais deficiencias.
Ou en Baiona hai tradicionalmente un problema coa xestión dos nosos residuos ou é que os “Conscientes de Baiona” están especialmente sensibilizados co tema. Podemos falar de moitas cousas e tentar incluso meter cizaña para despertar as ganas de inserir un comentario, pero non hai tema que máis debate xenere que o tema dos lixos.
A Axenda 21 Local ven de instalarse en dous dos concellos do Val Miñor, Gondomar e Nigrán. Despois de 20 de implantación da Axenda 21 Local como un xeito de acadar unha estratéxia de desenvolvemento sostible, en moitos comunidades de paises de todo o mundo, resulta chamativo que ainda agora, con certa sorpresa, se empece a falar destas cuestións no Val Miñor e mesmo sexan tildadas de “utopía”. O diccionario define utopía como “sistema ou proxecto irrealizable, concepción imaxinaria”.