|
Escrito por El Correo Gallego
|
|
Xoves, 18 de Setembro do 2008 |
|
A palista viguesa Antía Loira e o Club Piragüismo Val Miñor-Frioya de Nigrán xa teñen reservada unha páxina na historia do piragüismo galego. Desde o pasado luns a nova promesa do eslalon galego está concentrada no Centro Nacional de Tecnificación de Slalom da Seu d´Urgell en Lleida, onde palistas cataláns e vascos serán os seus compañeiros de adestramento.
|
|
|
Escrito por Xornal Galicia
|
|
Martes, 12 de Agosto do 2008 |
|
Unidades do Cantábrico, Galicia, Portugal e Andalucía en busca da vitoria na regata máis importante por etapas da Península. En total cinco etapas entre os portos de Vigo, Baiona, A Pobra, Vilagarcía e Sanxenxo Ás dúas e media da tarde de onte comezou en Vigo a 45 Regata Rías Baixas Martín Códax-Gran Premio Portos de Galicia con 130 unidades en competición e máis dun milleiro de tripulantes das flotas do Cantábrico, Galicia, Portugal e Andalucía.
|
|
|
Escrito por celtadevigo.net
|
|
Martes, 12 de Agosto do 2008 |
|
O Celta B endosou seis tantos ao Nigrán CF, que gañou onte ao Gran Peña por tres goles a dous. O partido estivo dominado de principio a fin polo conxunto vigués, dado o maior nivel técnico e físico dos célticos, aínda que é certo que o Nigrán non estaba nas mellores condicións por xogar onte. Os realizadores da tarde foron Dani Gaíl, Suanes, Pedro e Oriol, os dous últimos por partida dobre. Desta forma, o filial olívico tráese a casa a III Copa Ganain-Gabrat, torneo organizado polo Nigrán CF.
|
|
|
Escrito por Redaccion
|
|
Xoves, 03 de Xullo do 2008 |
Máis de 1.500 persoas empezaron a chegar á comarca para seguir a participación de 200 embarcacións. A proba, que se celebrará do 5 ao 11 de xullo e ten a súa base en Praia América, deixará dous millóns de euros. Nigrán quenta xa motores para o campionato do mundo de catamaráns que se celebrará a próxima semana. Preto de duascentas embarcacións de todo o mundo tomarán partida nesta proba que se converterá no acontecemento deportivo do ano neste municipio.
|
|
|
Escrito por Redaccion
|
|
Venres, 02 de Maio do 2008 |
Indignación do Clube de Baloncesto de Baiona ao ter que trasladar os encontros da Copa de Galicia ao concello veciño de Nigrán logo de que a concellalía de Deportes de Baiona organizase un encontro deportivo "a última hora e sen contar con ninguén". O encontro tivo que celebrarse no pabillón de deportes de Panxón xa que as pistas deportivas estaban opcupadas cun torneo de fultbol sala entre bandas de música.
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 9 de 31 |