O municÃpio de Nigrán contará este ano con un orixinal e intenso programa de actividades desportivas. Un campeonato de snowboard ou a I Bandeira de Traineras do Concello conforman as mais destacadas novidades nestas previsions para os meses de xullo e agosto.
O barco de Chuny Bermúdez conseguiu o seu primeiro triunfo nas augas de Baiona, se ben a sua equipa de regatas, ao igual que o resto das tripulacións, membros da organización e da prensa, non estaban onte para facer celebracións de nengun tipo.
Chegou a hora da verdade. Logo de catro anos de esforzo coa meta olÃmpica como fondo, os galegos e galegas encadradas nas diferentes seleccións españolas terán que dar o máximo delesâ?¦ e recibir o máximo de nós.
Ao longo da historia, dende os Xogos de Antuerpe en 1920, os galegos conseguiron sete medallas, cinco pratas e dous bronces. Quizais as pistas gregas, ou o lago de Squinias, vexan o primeiro ouro para o noso paÃs. Ou quizais a primeira medalla para unha galega. Ou talvez se consiga o primeiro metal nas probas individuais.