A Deputación de Pontevedra dentro do Proxecto Nea – Experiencia Atlántica convoca cursos multidisciplinares de Vela Lixeira, Piragüismo, Windsurf, Surf e Submarinismo.
As bases completas dos cursos e as follas de inscripción están na páxina: www.formacionytrabajo.com tamén pode chamar ó: 902 027 622 O prazo de Inscripción é do 19 de Marzo ó 27 de Abril de 2007. A lista de admitidos publicarase na paxina anteriormente mencionada o 1 de Maio.
Condicións xerais: idades mínimas para a súa actividade, saber nadar e ser residente na provincia de Pontevedra. O curso inclue o transporte ó lugar da actividade(saída da Praza de España - Pontevedra) e o xantar.
Os IES Auga da Laxe e o IES Terra de Turonio de Gondomar organizan a III XORNADA MULTIDEPORTIVA E DE OCIO "QUE FALE O CORPO" este Venres 30 de marzo de 9:30h a 15:00h
O IES Auga da Laxe e o IES Terra de Turonio organizan conxuntamente o próximo venres, 30 de marzo a terceira edición de "Que fale o corpo", unha xornada de actividades multideportivas e de ocio na que profesorado e alumnado dos dous institutos de Gondomar poderán participar en 25 obradoiros de diferentes actividades relacionadas coa área de Educación Física. Con esta xornada preténdese promover entre a xente nova a realización de actividades físicas e de ocio pouco coñecidas, moitas delas difíciles de desenvolver habitualmente nas clases, que fomenten a convivencia entre o alumnado dos dous centros e que presenten novas ofertas que poderían ter saída no Concello de Gondomar a través de escolas deportivas ou cursos para a mocidade con aletrnativas sas e divertidas para o tempo de ocio.
O IV Torneo Intercontinental de bolos celtas celebrarase os proximos días nos distintos Centros sociais do Val Miñor en Montevideo e Bos Aires. A máis do centro de Cangas del Narcea en Arxentina.
Os días 30, 31 de marzo e 1 de abril iniciarase o torneo no C.Deportivo e Social Val Miñor (Uruguai) O 6 de abril o torneo viaxará a Arxentina para disputar o encontro no Centro Cangas del Narcea, Arxentina. O 7 de abril o encontro celebrarase no Círculo Social Valle Miñor en Arxentina, para finalmente o 8 de abril disputar a final no Centro Galicia de Bos Aires.
Participan os equipos representativos da Federación Española, Federación Galega, Centro Deportivo e Social Val Miñor de Uruguai e Asociación Arxentina de Bolos.
Os responsables do Clube Nigrán Club de Futebol e a concellalía de Deportes de Nigrán presentarán o 2 de xaneiro a iniciativa de celebrar un campionato en memoria de Pablo Borreguero, un neno da categoría alevín do mesmo clube que faleceu recentemente tras lesionarse durante un partido.
No Campionato que se celebrará en Condominguez os días 3 e 4 de xaneiro, participarán as categorías alevíns do Nigrán Clube de Futebol, Real Clube Celta de Vigo, Deportivo da Coruña e Valencia Clube de Futbol.
A primeira semifinal en disputar enfrontarán ao Nigrán contra o Valencia ás 16 h, depois disputarase o partido entre o Celta e Deportivo. Ás once da mañá do día seguinte será a consolidación para logo celbebrar ás 16h a final do campionato.
A Concellalía de Deportes organiza o I Descenso Urbán de Mountain Bike de Nigrán. Decenas de ciclistas participarán este sábado 18 de novimbro nesta proeba que constará de duos mangas. Odomingo19, os afecionados ás rutas rurais poderán acudir coas sáas bicicletas ámarcha de 38 km. que percorrerá diferentes parroquias do interior.