Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

02 12/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow No ano da memoria
No ano da memoria PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 10-01-2006

Visitas : 723


A derradeira leccion do mestre - CastelaoPor Carlos Méixome- Publicado no Xornal a Peneira
Van alá sete décadas. Setenta anos pasaron dende a sublevación militar do 18 de xullo de 1936. Aínda a pasada semana un amigo documentalista non foi quen de convencer a un informante para que deixase gravar a súa imaxe e a súa voz. Contou o que vira en relación cun asasinato múltiple pero non quixo, por nada do mundo, que quedasen probas de que foi un dos informantes. Outro deixou que se lle tomasen imaxes falando pero negouse a permitir que se puxese o seu nome. Sete décadas despois. ¡Tal foi o terror!. Nos últimos tempos diversas achegas historiográficas teñen posto de manifesto o que para quen a sufriu ou logrou escoitar ás persoas que a sufriron era cousa ben sabida, que a represión nos anos da guerra, nomeadamente nos meses finais de 1936, foi terrible. Desmontaron estes traballos a falaz visión de que en Galicia non houbera guerra por quedar dende moi cedo baixo control dos militares sublevados. Mesmo esta aseveración aparecía, ás veces, como unha nota de desconfianza sobre a lealdade democrática da cidadanía galega. Pois ben, non houbo frontes, trincheiras e combates, senón unha sanguenta guerra de exterminio na que se procedeu á eliminación sistemática dos membros dos partidos democráticos, dos dirixentes obreiros, mariñeiros e campesiños e dos intelectuais e amantes da liberdade. Tamén no Val Miñor os asasinatos foron moitos e a historia da represión aínda está por contar na súa totalidade. O libro de Xoán Antonio González, Nigrán. Memoria dunha guerra (1936-1939) circunscríbese a este concello aínda que nel hai referencias a Baiona e a Gondomar. Nestes dous concellos os acontecementos son máis ou menos coñecidos pero están sen publicar.

O goberno galego decidiu declarar este 2006 como “Ano da memoria”. Iniciativa que debería ir máis alá dos actos de recoñecemento colectivo e servir para que as víctimas anónimas da represión recuperasen o seu lugar na imaxinario colectivo da loita pola dignidade humana. Dende este recuncho da Peneira imos axudar a facelo ao longo deste ano.

No nosa colaboración da segunda quincena de outubro de 2005 faciamos referencia aos actos de homenaxe aos nove asasinados na coñecida, dende a traxedia, como “Volta dos Nove”. Naquela volta, camiño de Baredo, o 16 de outubro de 1936 foron asasinados: Manuel Aballe Domínguez, mariñeiro de Panxón, de 41 anos; Felicísimo Antonio Pérez Pérez, tamén mariñeiro de Panxón, 44 anos; Elías Alejandro Gonda Alonso, labrador, de 36 anos, veciño de Santa Cristina da Ramallosa; Manuel Francisco Lijó Pérez, de 34 anos, natural de Corrubedo (Ribeira) aínda que vivía e traballaba como mariñeiro no barrio do Burgo (Baíña); Modesto Fernández Rodríguez, de 47 anos, mariñeiro, veciño de Panxón; Fidel Leyenda Rodríguez, de 51 anos, mariñeiro de Baiona; José Rodríguez González, veciño da Porta da Vila en Baiona, mariñeiro de 45 anos; Manuel Barbosa Durán, mecánico, natural de Baíña, residía en Panxón, de 30 anos e Generoso Valverde Iglesias, mariñeiro de Panxón de 37 anos.

O premeditado, aleivoso, infame e múltiple crime presentouse ante os ollos dos consentidores e/ou cómplices como un acto de vinganza pola morte do falanxista Refojo nun enfrontamento armado que tivera lugar en Sabarís dous días antes, o 14. Naquel día foron asasinados: Luís López Luís, labrego de 46 anos e veciño de Sabarís e o seu irmán menor, José, de 42, así como Dolores Samuelle Álvarez, de 71 anos, serventa e residente en Sabarís.

Estes doce cadáveres por morte violenta aparecen recollidos no Rexistro Civil de Baiona, no que tamén están anotados: Eloy Pereira Fernández, obreiro de 28 anos e veciño de San Miguel de Oia e Albino Pedreira Puentes, da mesma parroquia viguesa, xornaleiro de 25 anos, ambos apareceron no Monte de Cabo Silleiro o 31 de agosto de 1936. O sete de setembro rexistrase o asento do cadáver, atopado no monte á beira da Virxe da Rocha, dun home sen identificar que ten nas roupas unha papeleta de alta laboral do traballador Manuel Pérez Fernández, residente na rúa Mariana Pineda 62, de Vigo. Sen data determinada rexistrouse o cadáver de Amante Caride Rodríguez, veciño de Cabral-Lavadores, forxador de 37 anos e que aparecera no hospital da Vila de Baiona.

Entre o 31 de agosto e o 16 de outubro de 1936 asentáronse no Rexistro de Baiona 16 asasinatos políticos.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa