| o 10-02-2006
|
Visitas : 820 |
 A actriz cubana afincada en Oia Orisel Gaspar presenta hoxe a película Siete Días, Siete Noches , dirixida por Joel Cano e estreada en Francia en xullo de 2004. O pase terá lugar na tapería de Nato en Chan da Lagoa a partir das oito e media da tarde. Orisel é a protagonista desta cinta de cine independente cubano que gozou dunha excelente crítica a nivel internacional. A obra recibiu premios en festivais como o de Lyon, Xenebra ou Corea.
A película permite coñecer as confesións e o futuro de tres mulleres na Cuba dos nosos días. Neves (Eruadyé Muñiz), María (Orisel Gaspar) e Norma (Ludmila Alonso-Yodu) deambulan polo decadente decorado de postal da cidade da Habana. Este filme realizouse con un escaso orzamento e moi poucos medios técnicos, e, en xeral, en condicións difíciles e con certa tensión, ao non estar auspiciada pola empresa de cine cubana.
|
|
|
|