O equipo de goberno de Nigrán aprobou onte definitivamente cos votos en contra da oposición o proxecto de expropiación por tasación conxunta dos terreos do ámbito do futuro polígono empresarial de Porto do Molle.
Este proxecto fora aprobado inicialmente por decreto do alcalde o 7 de outubro pasado. Unha vez sometido a información publica, foron presentadas 256 alegacións de 284 parcelas que lle faltaban por adquirir á Zona Franca de Vigo, o que en superficie representa preto de 300.000 metros cadrados.
Oposición
Os grupos do BNG e do PSOE votaron en contra da expropiación e criticaron que o alcalde non medie ante zona Franca para conseguir un mellor prezo para os veciños afectados.