Fonte - La Voz de Galicia As sesións levaranse a cabo os terceiros venres de cada mes no auditorio municipal >>> Un club formado por cinéfilos ligados á sala Imperial da Ramallosa Os amantes da sétima arte poderán gozar a partir deste mes de marzo dunha programación estable no Concello de Gondomar. A concellaría de Cultura chegou a un acordo co Cine Club Latino para poder ofrecer unha película os terceiros venres de cada mes no auditorio municipal Lois Tobío. As sesións comezarán ás dez e media da noite e o prezo da entrada será de dous euros.