Fonte - La Voz de Galicia A Fábrica de Chocolate Club será o escenario mañá da presentación do primeiro disco do grupo Pícaro e Pistola (22.30 horas, 1 euros). Co título Como un maldito guisante , o disco inclúe dez cancións gravadas no estudo Abrigueiro, que Arturo Vaquero ten na localidade lucense de Friol.
Neno e Pistola naceu fai dous anos como unha ampliación do proxecto acústico que iniciou Manolito Portolés en solitario. «Gravei na miña casa unha maqueta que por problemas técnicos tiven que facer en formato acústico; gustou e cando montamos o grupo decidimos manter ese mesmo formato», explica Manolito Portolés