Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 08/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow Octubre (Oktiabr) de Sergei M. Eisenstein no cineclube Latino
Octubre (Oktiabr) de Sergei M. Eisenstein no cineclube Latino PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 21-04-2006

Visitas : 670


 "OCTUBRE" DE Serguei M. Eisenstein
 VENRES, 21 DE ABRIL, ÁS 22:30 no Auditorio Lois Tobío de Gondomar
 Presenta: Carlos Méixome
 Organiza: Cine Club Latino
 Colabora Cultura de Gondomar.

 

Sergei Mikhailovich Eisenstein naceu en Riga, Letonia, en 1898, e morreu en 1948, en Moscú. O seu pai era un arquitecto xudeu de orixe alemá e a súa nai de ascendencia rusa pertencente á gran burguesía. Estudou arquitectura e belas artes e se enroló nas milicias populares para participar na Revolución de Outubro de 1917. Desde moi pronto se uniu ao mundo do espectáculo facendo decorados e dirixindo e interpretando teatro para os soldados. En 1920 ingresou no Teatro Obreiro e pouco despois foi nomeado o seu director. Apartouse do teatro cando viu as excelencias do cine ao rodar o longo A folga (Stachka, 1924). Mentres a rodaba encargáronlle unha película conmemorativa das orixes da revolución e acabou facendo a súa obra mestra O acorazado Potemkin, a película sobre a que máis se escribiu de toda a Historia do Cine.

O propio Eisenstein atribuía boa parte da forza do acorazado Potemkin ao guión orixinal escrito por Nina Agadzhanova-Shutko, para un proxecto, “1905”, sobre o abortado «ensaio xeral» da Revolución de Outubro. As malas condicións meteorolóxicas obrigaron ao equipo de Eisenstein a interromper o rodaje e a dirixirse a Odessa para rodar alí o episodio do motín a bordo do acorazado Potemkin. O episodio do Potemkin reflectía á perfección a atmosfera de descontento e revolta existente en Rusia a comezos de século, polo que chegou a considerarse sinónimo do proxecto total. Así se abandonou “1905” e Eisenstein concentrou todas as súas forzas no acorazado Potemkin.

Posteriormente realizou Outubro (Oktiabr, 1927) baseada no libro «Dez días que conmoveron ao mundo», de John Reed reconstrución dos acontecementos de 1917 e perfecta aplicación das súas teorías cinematográficas. Tivo graves problemas coa censura porque a súa visión dos feitos históricos non coincidía coa oficial do Partido Comunista. Os tres cuartos de hora que debeu cortar ao metraje orixinal foron debidos á caída en desgraza de Trotsky. Os protagonistas de Outubro son as masas revolucionarias e soamente aparecen algúns personaxes individuais como Lenin, Trotsky (que foi eliminado das imaxes) e Kerensky.

En 1930, Eisenstein, foi a Europa e América. Os proxectos que presentou en Estados Unidos foron rexeitados e no país da liberdade tiveron medo das súas ideas colectivistas e escribíronse panfletos na súa contra chamándolle «Eisenstein, ese can vermello». Eisenstein non puido filmar nada en Hollywood e dirixiuse a México, onde iniciou o desastroso proxecto de dirixir unha película mexicana. Comezou a rodar ¡Que viva México! (1931). Cando levaba rodados máis de 50.000 metros, segundo Eisenstein, o mellor que rodara nunca, ordenouse parar a produción, polo que o director debeu volver a Moscú. A película quedou inacabada, sendo obxecto de varias montaxes nunca realizadas por el. A súa figura e estilo de montaxe tivo unha decisiva influencia sobre o cine mexicano da década dos corenta

En Moscú, Eisenstein non conseguiu sacar adiante ningún outro proxecto de película pois desde as altas esferas do réxime rexeitábanselle todas as ideas que suxería. O director dedicouse ao ensino e a escribir libros para deixar a súa experiencia escrita.

As humillacións leváronlle a dirixir outra película, O prado de Bezhin (Bezhin Lug, 1937), sobre un conto de Ivan Turgeniev, que foi prohibida e non se viu xamais. Durante algún tempo creuse que fora destruída durante a Segunda Guerra Mundial. Queda dela unha reconstrución montada con fragmentos conservados por Eisenstein.

Eisenstein non se desanimó e realizou Alexander Nevsky (Aleksandr Nevskii) en 1938, a súa primeira película sonora, unha epopeya patriótica que relataba a loita dos rusos contra os cabaleiros teutónicos no século XI. Con ela gañou o premio Stalin e concedéronlle a Orde de Lenin.

En 1944 terminou a primeira parte de Iván o Terrible (Iván Grosny), que contaba a ascensión ao trono e traizón sufrida por Iván IV, un zar do século XVI. Finalmente, en 1946, a noite en que terminou a montaxe da conjura dos Boyardos, segunda parte de Iván o Terrible, que contaba a vinganza de Iván, Eisenstein sufriu un grave infarto. Esta película foi prohibida durante dez anos e non se estreou ata a morte de Stalin. Eisenstein viviu dous anos máis e nunca conseguiu facer a terceira parte.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >