Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Axenda arrow Rock do Monteiro 2006 en Oia
Rock do Monteiro 2006 en Oia PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 28-04-2006

Visitas : 814


RDMOia celebra este sábado 6 de maio a segunda edición do festival “Rock do Mosteiro” coa actuación de oito grupos de rock. Os Skarmento de Lalín (punk rock), os Kogito de Vigo (reagge-rock-ska), Leo i Arremecaghona de Vigo (kañautor), Bailando con Lokos tamén de Vigo (punk), Dr. Poliester e os Porkirias de Sanxenxo (rock da ria) no que ademais actuarán grupos punk chegados da Guarda (Kapatxo e Frakaso Skolar) e o grupo local, Fiasco.

O festival botará a andar no Eirado do Mosteiro de Santa María de Oia, o vindeiro sábado 6 de maio, a partir das 19 horas. A entrada é de balde e, por iso, espérase que se acheguen a Oia un grande número de seguidores dos oito grupos que comparten escenario.

O obxectivo deste evento é introducir a Oia no circuíto de festivais que teñen lugar todos os anos polas comarcas do Baixo Miño, O Val Miñor e Vigo. Tanto a Asociación Cultural Correlos, como a organización Galiza Nova de Oia queren que o concello sexa coñecido polas actividades culturais e lúdicas que nel se celebran. Ambas as organizacións son as encargadas de xestionar este II festival “Rock do Mosteiro”.

O lugar: un mosteiro cisterciense único en Europa

O “Rock do Mosteiro” vaise celebrar nunha ubicación privilexiada: á beira dun Monumento Histórico Artístico e dun dos cenobios máis particulares de toda Europa. Construído desde 1132, baixo o mandado do rei da Galiza Afonso VII, o Mosteiro de Oia é o único cisterciense que se conserva á beira do mar. Os monxes que o habitaron durante séculos destacaron pola súa férrea defensa ante os continuos intentos de invasións e saqueos desde o mar.

MAIS INFO NA WEB http://rockdomosteiro.oiaweb.com




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa