Xuízo pola revolta veciñal contra un matrimonio que denunciou a situación ilegal de máis de 80 casas. Fuenteovejuna, todos a unha?. Esta expresión popular fixose famosa por mor da obra de teatro de Lope de Veiga que narra o levantamento dun pobo cordobés contra o señor da vila. E a historia desta vinganza colectiva foi comparada polo fiscal cuns feitos ocorridos no 2001 na parroquia nigranense de Chandebrito: decenas de veciños concentráronse durante días sucesivos ante a casa dun matrimonio mostrando para eles unha actitude supostamente agresiva e violenta despois de que esta parella denunciase a situación de presunta ilegalidade de máis de 80 vivendas da zona. O ocorrido entón revivirase nun xuízo que se celebrará en Vigo e que sentará no banco dos acusados a 37 daqueles veciños.
Mi novio es de Chandebrito y dice que esa "mujer" es una verdadera SINVERGÜENZA, pues aqui no se cuenta toda la verdad, la información esta encontra del pueblo y a favor de ella. Deberia contarse que agredió a una persona retrasada.
Chandy
Escrito por: Niky (Invitado) o 04-11-2007