Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 09/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow BOS DÃ?AS, NIGRÃ?N
BOS DÃ?AS, NIGRÃ?N PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 07-06-2006

Visitas : 679


Avelino Fernández, portavoz del PINN, entra en un coche de la Guardia Civil protegido por antidisturbios. / j. lores / FARO DE VIGOEnviado por Plataforma Salvemos Monteferro www.salvemosmonteferro.org

O Sr. Alcalde está enfadado. Considera impropio dun estado de dereito o comportamento dos que usan a forza e o asalto ás institucións para impoñer os seus criterios.
Nigrán foi sempre un Concello tranquilo. Os seus índices de delincuencia están entre os máis baixos do estado e o vandalismo non foi aquí nunca un problema. A reacción popular do venres é un feito sen precedentes, como sinalan a maioría das reportaxes periodísticas publicadas ó respecto. ¿Que foi entón o que provocou tal estoupido?

O Sr. Alcalde teno claro: Foi unha trama orquestada por axitadores que manipularon ó pobo enganándoo cunha versión falseada do Plan Xeral. Por esta vez non se trata de axentes pagados por Moscú. Seguindo a fina análise do Sr. Alcalde, eses axitadores de masas están perfectamente identificados: non foron outros que os dous partidos da oposición: PSdeG-PSOE e BNG.

Gustavo Rivas/ La Voz de GaliciaUn discurso que fede a tempos moi pasados, e que parte de dúas premisas fundamentais: a culpa é doutros, e a xente é parva.

Desde os tempos en que Manuel Lemos inventou Praia América, ou cando Bernardo Vázquez vendeu as dunas de Gaifar, pasando polo goberno de Avelino (que batía records estatais de m2 construídos por habitante do municipio), e ata hoxe, Nigrán foi gobernado e deseñado para os de fora, para os que veñen pasar un mes ao ano, para os que teñen aquí unha segunda (ou terceira) residencia.

As parroquias que non se benefician dese fluxo, viven no abandono máis completo, carecendo en moitos lugares dos servicios máis elementais. As mesmas praias están cheas de lixo todo o ano menos en semana santa ou no verán, cando veñen os de fora. O Concello enteiro, víctima desa concepción, padece unha desestructuración e unha falta de equipamentos e servicios impropia dos tempos. Case a metade das vivendas permanecen valeiras a maior parte do ano, pero non se para de construír.

E todo para maior gloria e beneficio duns poucos especuladores, en moitos casos disfrazados de alcaldes ou políticos municipais.

Medio centenar de axentes lograron protexer con escudos ós representantes municipais do PP e ós seus aliados do grupo de independentes para abandonar a casa consistorial. Gustavo Rivas/LA VOZ DE GALICIA

Pero esta vez fóiselles a man. Non souberon calcular as consecuencias do tamaño do seu disparate nin souberon ver os cambios que se están a producir na sociedade galega.

Pretendíase a aprobación inicial dun Plan Xeral que non só perpetuaría esa situación, senón que a agravaría ata o extremo. Un Plan que nin atende ás necesidades elementais dos veciños e veciñas de Nigrán, nin tenta resolver no máis mínimo os seus problemas urbanísticos.

Por unha banda é terriblemente restrictivo nas zonas rurais, impedindo o desenrolo natural das parroquias, para abrir logo as dúas mans nas áreas de especulación máis forte, feito á medida dos grandes constructores e promotores inmobiliarios. Súmense a isto as fundadas sospeitas de información privilexiada, algo que é desde hai tempo vox populi e que agora denuncian os partidos da oposición. Tódolos solos urbanizables e polígonos con máxima edificabilidade rexistraron desde 2002 importantes operacións de compra de terreos.

Florentino Pérez  e Horacio Gómez en Panxón, Nigrán.

Sangrante tamén a ocupación de solo público (a propia Casa do Concello e o contiguo colexio de Vilameán) para construír, non equipamentos, senón máis vivendas.

Do relativo ó Plan Xeral en Monteferro, coas súas recualificacións, carreteras, aparcamentos e porto deportivo, xa temos falado aquí.

“Este plan fomenta a emigración dos nigranenses e o empobrecemento das parroquias”. Así remata o escrito presentado polas Asociacións de Veciños ó Alcalde tres días antes da rebelión. Entre outras cousas porque Nigrán é o segundo concello de Galicia coa vivenda máis cara.

É en todo isto onde hai que buscar as causas do acontecido e as causas da obstinación do equipo de goberno en non pactar, en non tentar un mínimo consenso cos colectivos veciñais.

O venres pasado a policía rescatou da Casa do Concello un par de cadáveres políticos. O Plan Xeral xa ardera horas antes nunha pira simbólica na praza pública.

 

Escrito das A.VV de Nigrán
Resolución de Suspensión do Pleno Municipal



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa