Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 10/08
Portada arrow Novas arrow Xerais arrow En clave educativa
En clave educativa PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 03-07-2006

Visitas : 597


Por - Antonio D. Lombardero.
Unha forma de educar baseada na transixencia extrema e no acopio de bens materiais sen ningunha clase de condicións constitúe o modelo formativo de un elevado número de alumnado, que entende de dereitos, pero non de deberes. Caprichosos, mimados e sobreprotexidos, os alumnos tiranos son a cara menos amable de un tipo de educación que nos envolve decidindo dar a espalda ó NON, a frustración e a imposición de límites. Profesores desbordados, pais e nais víctimas do capricho dos seus propios fillos saen a palestra dos medios de comunicación case que tódolos días. Durante o pasado ano 2005, as fiscalías de menores españolas tramitaron máis de 6.000 denuncias de pais e nais que sufriron agresións por parte dos seus propios fillos. 
Son tipos de conductas que nacen nos fogares desde os primeiros anos porque os educadores deixan facer, interpretando que estas situacións son lóxicas ante actitudes conflictivas da propia familia ou que son producto do descubrimento de novas etapas dentro do proceso evolutivo do propio neno. 

Resulta paradóxico e desconcertante observar como certos proxenitores deciden acollerse ó modelo permisivo: “por non “maltratar” ó meu fillo baixo ningún pretexto, -dicen-, terminan sendo “maltratados” por eles”. (Enténdase maltratar, por educar con autoridade e firmeza).

Realmente a información que recibimos a diario cada vez nos insensibiliza máis. Nada ten importancia; nin o máis abxecto nin a máis crúa realidade. Todo se ve con normalidade. A sociedade encaixa todo coa máis estoica impasibilidade.

Diante deste feito pais, nais e educadores, en xeral, debemos asumir a responsabilidade compartida de educar; compartida entre o matrimonio, compartida cos profesores. Non podemos esquecernos de dar instrucións de uso para manexar a vida e indicarlles cómo respectarse a si mesmos e ós demais

Disciplina non é castigo ou esixencia desmesurada, senón orden que un mesmo aprende a impoñerse para salvagardar os dereitos dos demais e conseguir os seus propósitos obxectivos.

Educar na casa é educar no colexio. Resulta evidente que ningún neno ben educado se converte en ditador.
Non podemos esquecernos de dar instruccións de uso para manexar a vida e indicarlles cómo respectarse a si mesmos e ós demais. O modelo educativo e democrático respecta as normas, respecta os límites, respecta a convivencia, respecta os dereitos dos demais. Todo isto require educar en actitudes, para educar en valores; en valores de sacrificio e de renuncia e non deixarse ir polo camiño da comodidade.

Di un vello aforismo: “ o que algo quere, algo lle costa”. Sen esforzo non se conseguen as cousas. 
Educación e disciplina son as dúas caras da mesma moeda.


Antonio Díaz Lombardero, mestre de ensino primario



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estarías de acordo en que Baiona, Nigrán e Gondomar se unisen nun só concello?