Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Comezan as xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos
Comezan as xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 15-07-2006

Visitas : 800


iem 024.jpg iem 027.jpg iem 025.jpg iem 039.jpg

Como xa é tradicional o Instituto de Estudos Miñoranos organiza todos os veráns, este é o quinto ano consecutivo, unha serie de visitas-guiadas ou xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val Miñor.

Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes dirixidos por especialistas no tema da visita. O programa está pechado (ver documento adxunto) e conta coa colaboración das concellerías de cultura de Gondomar.

A fraga da Oliveira primeira das xeiras do 2006 do Instituto de Estudos Miñoranos O próximo martes 18 de xullo terá lugar a primeira das visitas-guiadas ou xeiras organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos. A visita será á Fraga de Oliveira unha das paraxes naturais mellor conservados e de máis interese das moitas coas que conta o Val Miñor. 

Clique para ver a foto ampliada



O percorrido, dacabalo dos concellos de Gondomar e Baiona, farase polas beiras do río da Groba, entre os lugares de A Granxa e Belesar en Baiona, e Aburlido e Oliveira en Gondomar. Deste último recibe o nome. Só cando estamos dentro da fraga somos capaces de percibir a beleza e variedade de especies vexetais e animais que contén. Podemos pasar pola beira e non decatarnos dos tesouros que agocha, entre o lusco-fusco do solpor ou no orballo dunha alborada. O tempo ten outro ritmo neste lugar.

A visita comezará ás 17:30 horas (cinco e media da tarde) e o punto de encontro será no Mercado de Sabarís. Dende alí dirixirémonos ata o lugar de inicio da visita. A duración da marcha será de entre tres e catro horas, a ritmo cómodo, aínda así recoméndase roupa e calzado axeitado: pantalón longo, botas ou calzado para camiñar e camisa ou camiseta de manga longa e levar auga para beber.

A visita estará guiada polos membros do Instituto de Estudos Miñoranos, Xilberte Manso e Xosé Ramón García Martínez. 

Imaxes de Pedro Telmo da xeira a Fraga de Oliveira 2005




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa