Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 10/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow Visita á Chan do Cereixo
Visita á Chan do Cereixo PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 20-07-2006

Visitas : 389


A segunda das XEIRAS DO IEM deste verán será ao espacio natural e ao xacemento paleolítico da Chan do Cereixo. O punto de encontro é no Cruceiro de Mañufe e a hora de saída é, como ven sendo costume ás 17.30h. (cinco e media da tarde). O xoves 20 de xullo.
Situada no limite do concello de Gondomar co de Tomiño, trátase dunha chaira de turbeira na que nace o río Cereixo. Entre os seus valores peculiares destaca a súa escasa altura sobre o nivel do mar, tan só 200 metros. O xacemento paleolítico da Chan do Cereixo foi descuberto, hai xa case trinta anos, por Xaime Garrido. Na actualidade este xacemento é un dos máis importantes do NO peninsular. A industria lítica fabricada a partir de seixos rolados de cuarcitas de mediana e grande talla cos que se fixeron bifaces, coitelos, fendedores e algún furador, todos eles tipos ben coñecidos no abano industrial do Paleolítico Inferior e que pola súas características técnicas (tamaño, estilo e técnica de lascado, etc.) nos remiten a momentos do Acheulense posiblemente non recente. 

Nestes días un equipo de arqueólogos dirixidos pola doutora Rosa Villar Quinteiro está a realizar un traballo de investigación arqueolóxica na Chan do Cereixo, un proxecto posible polo convenio asinado entre o Instituto de Estudos Miñoranos e a Fundación Pedro Barrié de la Maza que o sufraga. Xustamente será a directora do proxecto Rosa Villar quen fará de guía, no aspecto arqueolóxico, das persoas que acudan a esta nova xeira.

Máis a Chan do Cereixo é tamén un espazo dun extraordinario valor pola súa flora e a súa abundante fauna. É por iso que a visita contará tamén cun guía especializado nestas cuestións como é o caso da César Vidal Rodríguez.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa