Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 09/08
Portada arrow Axenda arrow As asociacións de veciños piden a redacción do PXOM dende a transparencia
As asociacións de veciños piden a redacción do PXOM dende a transparencia PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 24-07-2006

Visitas : 404


As asociacións de veciños do concello de Nigrán “A Unión” de San Pedro, “O Castro” de Chandebrito, “Dunas” de Nigrán, “Monteferro” de Panxón, “Outeiro” de Parada, “A Irmandade” de Priegue, A. VV. de Camos e a A. VV. Arribas Brancas, Seixos Negros e Portocelo reuníronse en asamblea o xoves 13 de xullo  para elaborar unha resposta ó ofrecemento do alcalde de Nigrán de Nigrán en relación coa resolución do conflicto xerado polo PXOM proposto pola equipa de goberno.

Esta resposta ven dada ante o ofrecemento do rexedor a que sexan directamente as AAVV de veciños as que redacten o PXOM de Nigrán; unha idea non compartida que sentou malestar nos portavoces xa que entenden que son responsabilidades unicamente competentes aos concellais e técnicos do concello, responsabilidades que consideran deben ser asumidas.



O PXOM de Nigrán continúa sen estar aprobado inicialmente, despois da revolta veciñal do mes de xuño e a multitudinaria manifestación que provocou cambios e a rotura do bipartito de goberno.

As asociacións de veciños solicitan novamente "transparencia" e "participación cidadá" para a defensa dos seus intereses e valores no que atinxe á redacción do PXOM. Asi citan no seu escrito:

"Que de conformidade co establecido no Artigo 4º da Lei 9/2002 do 30 de decembro (D.O.G. do 31 de decembro de 2002), de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia onde textualmente se cita “Velar para que a actividade urbanística se desenvolva promovendo a máis ampla participación social, garantindo os dereitos de información e de iniciativa dos particulares, asegurando, en todo caso, a participación dos cidadáns e das asociacións por estes constituídas para a defensa dos seus intereses e valores”, 

As asociacións  manifestaron o seu firme compromiso a traballar para acadar un Plan Xeral de Ordenación Municipal acorde ós intereses dos veciños e veciñas de Nigrán dende o consenso e a transparencia e solicitan a redacción dun novo PXOM libre de sospeitas.

Asi mesmo, os representantes veciñais piden á Equipa de goberno que convoce a tódolos partidos políticos con representación para que acaden unha postura pública sobre o futuro actual do PXOM que se pretendía aprobar o 2 de xullo.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa