Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

05 07/08
Portada arrow Axenda arrow Continúan as Xeiras do IEM. Xeira por Monteferro
Continúan as Xeiras do IEM. Xeira por Monteferro PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 31-07-2006

Visitas : 365


Preme para ver a foto ampliadaArqueoloxía, toponimia, botánica e xeoloxía serán os aspectos nos que se deterán os guías desta nova visita que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Os dous primeiros serán introducidos polo arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira que resaltará o patrimonio histórico de Monteferro (petroglifos e “villae” romanas) e tamén explicará os numerosos topónimos con que os mariñeiros denominaron practicamente cada recuncho da península e que foron estudados dentro dun proxecto do Instituto de Estudos Miñoranos, en parte realizado (exposición “Os nomes do mar” de xullo de 2005 en Baiona e a achega dos topónimos recollidos na “Aeroguía” editada pola Confraría de Baiona) e en parte pendente de realización (proxecto didáctico “A toponimia do Val Miñor”).


Pola súa banda o botánico e profesor Xosé Ramón García Martínez achegaranos a algunhas das especies vexetais algunhas de clima submediterráneo ou atlántico, e outras endémica da beiramar de Galicia e N. de Portugal ao tempo achegándonos aos cantís de Monteferro poderemos observar como na parte superior quedaron as rochas sedimentarias, baixo delas diversas metamórficas (xistos) e entre elas inxeccións de magmas procedentes de interior do planeta, que arrefriaron e solidificaron coma rochas magmáticas (máis ou menos semellantes aos granitos).
Esta nova xeira do IEM terá lugar o martes 1 de agosto ás 17:30h. e o punto de encontro é a Residencia da Terceira Idade da praia de Patos.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Elodio y los seres queridos

Axenda

Enquisa