| o 31-07-2006
|
Visitas : 586 |
 Arqueoloxía, toponimia, botánica e xeoloxía serán os aspectos nos que se deterán os guías desta nova visita que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Os dous primeiros serán introducidos polo arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira que resaltará o patrimonio histórico de Monteferro (petroglifos e “villae” romanas) e tamén explicará os numerosos topónimos con que os mariñeiros denominaron practicamente cada recuncho da península e que foron estudados dentro dun proxecto do Instituto de Estudos Miñoranos, en parte realizado (exposición “Os nomes do mar” de xullo de 2005 en Baiona e a achega dos topónimos recollidos na “Aeroguía” editada pola Confraría de Baiona) e en parte pendente de realización (proxecto didáctico “A toponimia do Val Miñor”).
Pola súa banda o botánico e profesor Xosé Ramón García Martínez achegaranos a algunhas das especies vexetais algunhas de clima submediterráneo ou atlántico, e outras endémica da beiramar de Galicia e N. de Portugal ao tempo achegándonos aos cantís de Monteferro poderemos observar como na parte superior quedaron as rochas sedimentarias, baixo delas diversas metamórficas (xistos) e entre elas inxeccións de magmas procedentes de interior do planeta, que arrefriaron e solidificaron coma rochas magmáticas (máis ou menos semellantes aos granitos). Esta nova xeira do IEM terá lugar o martes 1 de agosto ás 17:30h. e o punto de encontro é a Residencia da Terceira Idade da praia de Patos.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|