| o 05-11-2003
|
Visitas : 399 |
O Instituto de Estudios Miñoranos achega na súa cita " Os nosos escritores" a conferencia con Anxo Angueira no salón de sesións do Concello de Nigrán o vindeiro venres 21 ás 19 horas.
Relato do autor O catorce de Vilachán. (na Voz de Galicia)
Era o catorce de Vilachán e habÃa que erguerse cedo, de madrugada. El, Meu Pai, sabÃa o camiño cos ollos pechos. Subimos á Chisca pola Tomada entre o mouchear dos mouchos. Meu Pai, El, avelloado, parou na Campa. OÃase o rebulicio no fondal da Riaseira, contra Xei, de toda a paxarada por antre as cerdeiras en flor de néboa ó raia-lo dÃa. Collemos a congostra costenta de Espiñeira e fomos saÃr por tras do pÃncaro do Pedregal. Oubeou o lobo. O lobo oubea ó entrares en terras de Lousame.
 |
| Ilustración: Abraldes | El xemÃa abafado. Meu pai. «Vai ti. Colles a dereitura daquela bouza e despois xa todo é caer cara Vilachán». XemÃa. «Eu volvo». Andei antre toxo rabeno, esquivo mato e rinchos de bestas ceibas e distantes, pacendo onde non se vÃan chans. Era o catorce de Vilachán e Meu Pai abandonárame na gándara, coma un palleiro. «Mañá erguémonos cedo. A pedra de afiar está moi gasta. Hai que ir buscar unha nova». «¿A onde?», preguntei. «Ã? catorce de Vilachán».
Axiña imaxinei o frÃo da madrugada rabuñándome nos ósos, subindo as abas de Cal de Barcas e Valranco bretemoso, por camiños que mal sabÃa. Imaxinei a El, vello e acabado, teimudo coa pedra de afiar, subindo diante. «Vai ti. Colles aquela dereitura e tráguesme unha pedra de afiar». ¿E el non as habÃa allures? Non, tiña que ser pedra do catorce de Vilachán, para fouces ceifadoras. DurmÃn mal. Soñei toda a noite coa pedra. Soñei que a traguÃa ó lombo e que ó chegar á casa -un recuncho infinito- a pedra xa estaba gasta. Era o catorce de Vilachán. A xente e o gando arremuiñarÃanse su os carballos da feira ledos. Só habÃa que carga-la pedra. E regresar. Corren nubes. O sol está alto. E o miñato. Diante, o catorce de Vilachán.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|