| o 03-08-2006
|
Visitas : 783 |
 O xoves 3 de agosto as xeiras do IEM percorreran as ribeiras do Miñor entre a Ponte das Ánimas, en Gondomar, e o comezo da foz da Ramallosa.
Salgueiros, amieiros, umeiros, freixos... acompañaran aos participantes nesta nova xeira, sen desatender aos demais elementos a destacar neste paseo por unha das paraxes máis fermosas do Val Miñor e infortunadamente unha das máis seriamente ameazadas, polo que non está de máis lembrar a lexislación que protexe os ríos e as súas marxes.
A visita será guiada polo biólogo Fernando Lahuerta Mouriño e partirá da casa do concello de Gondomar ás 17:30 horas.
|
|
|
|