Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 10/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow Descobren en Gondomar restos da aldea máis antiga de Galicia
Descobren en Gondomar restos da aldea máis antiga de Galicia PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 14-08-2006

Visitas : 416


 
Publicado na Voz de Galicia. A. Martinez

Os arqueólogos cren que o poboado de Chan do Cereixo ten máis de 5.000 anos

Os seus habitantes vivían dentro dunhas murallas ao redor dunha pedra sacra.
Arqueólogos do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) descubriron restos dun poboado duns 5.000 anos de antigüidade na altiplanicie de Chan do Cereixo, no municipio de Gondomar.

Este achado enmárcase dentro da campaña auspiciada pola Fundación Barrié da Maza, dotada cun orzamento de 54.000 euros.
O obxectivo da investigación, que comezou o pasado mes de xullo, era atopar restos das primeiras orixes da humanidade, situados no Paleolítico Inferior, fai máis de 200.000 anos.

Con todo, os especialistas do IEM topáronse dun xeito casual cun xacemento moi posterior, presumiblemente enmarcado na época do Calcolítico.

Este xacemento é único en Galicia porque ten a particularidade de atoparse rodeado por unha muralla e de contar no seu interior cun petroglifo nunha gran roca, que podería ser obxecto de culto para os seus primitivos poboadores, segundo o especialista Xosé Lois Vilar, para quen se trata da aldea máis antiga descuberta na comunidade.

Achado casual

O equipo que dirixe a arqueóloga Rosa Villar levou a cabo o descubrimento de xeito fortuíto nunha das once escavacións manuais que realizaron nesta chaira situada a uns 300 metros de altura sobre o nivel do mar e que ten unha superficie aproximada de dous millóns de metros cadrados.

Dunha forma intuitiva seleccionaron un espazo situado nun extremo da altiplanicie, nun lugar que os veciños da zona denominan As Campurras.

Alí localizaron a pouco máis dun metro baixo terra un foso que contiña restos carbonizados e que puido haberse utilizado como vertedoiro polos seus antigos poboadores.

Animados polo achado, continuaron as escavacións na mesma zona e localizaron o petroglifo e os restos da muralla, unha obra simple de enxeñería cos seus propios sistemas de drenaxe. Parte do muro atopábase ata na superficie, polo que tan só foi necesario rozar a maleza para sacalo á luz.

As escavacións concluirán o martes da próxima semana, pero os especialistas coinciden en que será necesario realizar máis campañas para completar o descubrimento.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa