| o 23-08-2006
|
Visitas : 265 |
Este vindeiro domingo 3 de setembro Verdegaia-Vigo, o Clube Espeleolóxico O Maúxo e Salvemos Monteferro organizamos unha actividade reinvindicativa de concienciación ambiental consistente na limpeza das Covas do Folón (Coruxo) e un roteiro polos montes de Chandebrito, ameazados polo proxecto de construcción dun novo campo de golf. A saída-punto de encontro será as 10:00 h. da Igrexa de Coruxo. Preciranse luvas, calzado e roupa cómoda, e o xantar.
|
|
|
|