| o 28-08-2006
|
Visitas : 577 |
 Mañá martes 29 de agosto será a última das xeiras deste verán que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Será unha subida ao Galiñeiro. A visita partirá ás 17.30 da casa do Concello de Gondomar e será guiada por Antonio Lago, secretario do IEM. A subida dun relativo esforzo debe afrontarse cun calzado consistente con interior suave que suxeite ben o pe, mochilas e roupas lixeiras, gorra, cámara de fotos,…
As persoas que queiran asistir debe ter certo hábito de camiñar, ás veces será necesario axudarse cos brazos e mans e facer flexións do corpo en tódalas direccións, deben levar auga ( hai fontes na entrada) e seguir o ritmo da marcha para cansarse menos. As paisaxes e vistas da serra do Galiñeiro recompensaran dabondo o esforzo.
|
|
|
|