| o 31-08-2006
|
Visitas : 480 |
Dendo o Concello de baiona informan que a principios do verán a praia da Ladeira no termo municipal de Baiona foi seleccionada pola Xunta que colocou 15 puntos de contedores de reciclaxe de orgánico e inorgánico con distintos paneis por todo o areal mostrando o mellor uso dos mesmos. Onte Domingo 20 entre as 16:00 e as 20:00 horas da tarde tivo lugar unha xornada de sensibilización sobre ditos residuos na citada praia.
Esta xornada tivo unha grande aceptación e os cidadáns que se topaban na praia colaboraron nos distintos xogos que se facían, estes eran xerais e temáticos para así educarnos en canto amaneira de separar o noso lixo, os cidadáns que colaboraban eran obsequiados con unha gorra e unha pelota inchable, nestes xogos podían participar nenos e adultos. Dende a concellería de medio ambiente se cree que esta serie de actuacións son moi importantes xa que nos sirve para ensinar e educar como temos que facer para unha boa reciclaxe selectiva e así que cada un na súa casa recicle adecuadamente.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|