| o 11-10-2006
|
Visitas : 531 |
A concelleria de Cultura do Concello de Gondomar comprácese en ofrecer o primeiro Festival de Jazz Gondomar 2006, coa participación de tres das máis prestixiosas bandas do blues e o jazz galego. Este mércores 11 de outubro: Anacaona Latin Jazz no Auditorio Lois Tobío de Gondomar ás 22:30 horas.
Anacaona Latin Jazz está formada por músicos consagrados e de recoñecido prestixio, gañado a base dunha longa vida nos escenarios de todo o mundo, e son destacados profesores nas mellores escolas de música da Coruña e Santiago. O seu líder é Quique Alvarado. Anacaona, música quente e chea de raíces, jazz asequible a todos, aderezada coa mestría destes catro virtuosos instrumentistas. Sen dúbida, deixarán ao público con moi bo sabor de boca e serán a delicia de todos.
Intérpretes: Gastón Rodríguez (guitarra), Quique Alvarado (baixo), Pablo (saxo), Fernando (batería). Programa: Mambo InnGuachi GuaroA Nigth In TumisiaCaravanEquinoxMy Litle Suede ShoesSong for My FathersWaneAs In Morning O precio das entradas é de 2 euros Coa colaboración do IGAEM e de Caixanova.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|