Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

05 07/08
Portada arrow Novas arrow Xerais arrow Exposición antolóxica de Fernando Casás / Serie Grandes Artistas Galegos
Exposición antolóxica de Fernando Casás / Serie Grandes Artistas Galegos PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 16-10-2006

Visitas : 323


Dimensäo Possível - MAM / Museu de Arte Moderna de Säo Paulo, Brasil, 1991.Inauguración: xoves 19 de octubre ás 20 horas.
Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixanova.
Rúa da Reconquista s/n Vigo.

Esta retrospectiva de Fernando Casás non é propiamente unha re-visión, que nos podería levar a pensar nunha obra petrificada, é dicir, rematada. É, ao contrario, un punto de inflexión. En efecto, desa mostra forman parte as últimas investigacións que Fernando Casás vén desenvolvendo sobre a enerxía da natureza, materializada na fosforescencia. Fernando Casás é un creador inquieto, cuxa obra se presenta como un constante diálogo coa natureza, e cuxa traxectoria artística segue un camiño moi particular, practicamente único. José María Parreño, director do Museo Esteban Vicente de Arte Contemporáneo de Segovia, e autor, xunto ao semiólogo Décio Pignatari, do texto do catálogo que acompaña esta exposición, comenta sobre a obra do artista: “A obra de Casás representa un paso de importancia cualitativa. Quizá o definitivo, en canto a abandonar calquera intento de representar a natureza para pasar a presentala.” “O que o diferencia de todo o resto (dos artistas) é que Casás non emprega obxectos naturais para representar outra cousa, nin sequera para representar a natureza. Non a representa, preséntaa.” “ Comezou (...) o seu traballo artístico coa natureza, adiantándose en décadas á sensibilidade que outros artistas españois teñen desenvolvido respecto da mesma”.

A súa é unha obra complexa e de difícil contextualización, posto que abandonou as regras tradicionais da arte e esta non se encontra limitada por xéneros ou materiais nin polas imposicións do gusto contemporáneo. De corte conceptual, traballa coa enerxía da natureza, intrínseca das relacións de tempo e espazo. Enfatiza a transitoriedade, un dos fenómenos chave dos nosos días. É unha obra antes ética que estética, que funciona como un palimpsesto da memoria, desvelando os seus contidos a través da reflexión que xera no espectador.

A obra de Fernando Casás é así portadora dunha inquietude que emana do risco inherente á opción de traballar co ético, moi lonxe por tanto do carácter frívolo tan en boga nos nosos días, da busca do recoñecemento a todo custo, do uso da tecnoloxía como innovación en si mesma, ou da obsesión polas pseudo-rupturas, cuxa única función é a homologación dos sistemas de poder. Así, esta exposición é tamén importante ao demostrar que a madurez artística pode ser innovadora e incitante e que pode ter un papel decisivo na contemporaneidade, cando o contido da obra leva ao espectador a unha implicación na busca das referencias que conforman a nosa máis íntima experiencia coa realidade. 

 
Fotos:  “Dimensäo Possível”.
Area, tronco, pigmentos.
Área de ocupación de aprox. 1200m².
MAM / Museu de Arte Moderna de Säo Paulo, Brasil, 1991.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estarías de acordo en que Baiona, Nigrán e Gondomar se unisen nun só concello?