| o 19-10-2006
|
Visitas : 460 |
Nova Escola Galega organiza para o mes de novembro unha exposición permanente dos museos galegos que posúen Dpto. de Educación ou Programación Educativa estable. A exposición estará situada no claustro do Museo do Pobo Galego no mesmo horario de visita do propio museo e con entrada de balde. As xornadas celebraranse os catro sábados do mes de novembro e terán como obxectivos reflexionar e analizar as posibilidades educativas dos museos galego, difundir as actividades educativas que se están a desenvolver dende os museos galegos, e crear un espazo de experiencias e intercambio entre os diferentes profesionais que están relacionados dun xeito ou de outro coa pedagoxía museística.... A través da exposición e xornadas Nova Escola Galega pretende axudar a difundir e a potenciar as actividades educativas dos museos.
|
|
|
|