Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 09/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow A Arte e a Palabra con Juan Manuel Castuera
A Arte e a Palabra con Juan Manuel Castuera PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 25-10-2006

Visitas : 362


Ã?ltimo tren. Lugo 1946

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Galería de Arte Iván Morillas, de Sabarís-Baiona, continúan co seu ciclo de tertulias que denominan A ARTE E A PALABRA.
Nesta ocasión organizan a charla titulada Juan Manuel Castuera." Noticias dun fotógrafo miñorano".
A conferencia, con proxección de fotografías deste excelente artista, será impartida por Ana Castuera, tamén fotógrafa e filla de Juan Manuel Castuera. A presentación do acto será a cargo do editor Antón Mascato.

Esta charla terá lugar o xoves, día 26 de outubro, ás 20.30 horas, na Galería de Arte Iván Morillas (rúa Xulián Valverde, 64) de Sabarís, Baiona.

O Instituto de Estudos Miñoranos quere promover o coñecemento e posta en valor da vida e obra deste singular artista miñorano, para o que inicia con este acto unha serie de actividades ao seu redor. O Instituto de Estudos Miñoranos quere promover o coñecemento e posta en valor da vida e obra deste singular artista miñorano, para o que inicia con este acto unha serie de actividades ao seu redor.

Juan Manuel Castuera Gondomar, 1921- Santiago, 1990 

Nace en Gondomar o 31 de decembro de 1921. Fillo dun navarro e dunha miñorana. Con dez anos, á morte da súa nai, ten que trasladarse a Pamplona, onde vive dous anos. Regresa a Galicia instalándose a familia en Pontevedra.
Con dezaoito anos realiza as súas primeiras fotografías, facendo o servizo militar. Nos anos corenta realiza diversos traballos semi profesionais. É amigo de artistas como Conde Corbal dos que aprende conceptos artísticos e a utilizar a mirada. 

En 1946 forma parte da Agrupación Fotográfica Galega con sede en Vigo. Xa ten dedicación exclusiva á fotografía, realiza exposicións en diversas cidades (Vigo, A Coruña, Santiago...) e acepta encargos particulares e de empresas. A súa obra céntrase fundamentalmente en escenas de traballos mariñeiros e agrícolas e no retrato de persoas e sobre todo nenos, cos que acada elevadas cotas de calidade, chegando a ser definido como "o fotógrafo dos nenos" 

En 1949 publica a súa serie "Barreiras" na revista Galicia Emigrante, dirixida por Luís Seoane. Nela realiza un traballo documental, de gran valor artístico, sobre o traballo de mulleres nunha canteira de arxila en Noalla (Sanxenxo).
Colabora co xornal La Noche, de El Correo Gallego. Recibe diversos premios, en Vigo, Ferrol e Santiago. 

En 1954, por razóns sentimentais traslada a súa residencia a Montevideo, onde casa cunha miñorana e ten tres fillas. É membro do Foto Club Uruguaio, onde realiza exposicións, publicacións e diversos traballos profesionais. 

En 1966 regresa coa súa familia, establécese en Madrid, fáise fotógrafo do Ministerio de Información e Turismo realizando fotografía turística para diversas publicacións. 

En 1969 entra na Televisión Española como fotógrafo de foto fixa. Publica con regularidade en revistas como Teleradio e TP. Colabora na sección de documentación e arquivo do NO-DO. 

En 1970 é traballador do INEF (Instituto Nacional de Educación Física), no que crea a sección de fotografía no Centro de Documentación do seu Departamento de Investigación. Imparte clases e fai traballos para revistas como Deporte 2000. Nese ano publícase a Guía Espiritual de Galicia, de José María Castroviejo, con fotografías súas.
Desta época son as súas fotografías de Ángel Nieto, Urtain e outras figuras do deporte. 

En 1978 entra no Servizo de Arquivo e Documentación de TVE en Galicia, fixándo a súa residencia en Santiago. 

En 1985 xubílase e comeza a colaborar coa necente TVG na organización do arquivo.
Morre Santiago en 1990. 

No ano 2001, o Museo de Pontevedra publicou un libro titulado "Juan Manuel Castuera. Paisaxes e retratos 1946-1956" ao tempo que realizou unha exposición da súa obra.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa