Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 09/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow Unha nova edición das TERTULIAS DO IEM
Unha nova edición das TERTULIAS DO IEM PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 31-10-2006

Visitas : 330


O ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe, a pedagoga Antía Cal e a escritora Teresa Moure entre as personalidades convidadas.

Laxe - Foto Vieiros.comFoto - Edicións Xerais

A primeira das Tertulias será o venres 3 de novembro cunha mesa redonda sobre o ANO DA MEMORIA
Por quinto ano consecutivo o Instituto de Estudos Miñoranos pon en marcha o seu ciclo AS TERTULIAS DO IEM, mantendo o formato que xa é tradicional. Convidamos a unha personalidade relevante da vida cultural, política ou científica galega a falar da súa obra e pasar unhas horas no Val Miñor. Os actos terán lugar como de costume no PAZO DA ESCOLA, no barrio da Moreira, na parroquia de Mañufe, en Gondomar. Tras a charla aberta ao público e o debate terá lugar unha cea co convidado ou convidada na que se prolongará a conversa iniciada con anterioridade; para participar na cea pódese facer a reserva no 680 644 490.

Neste ANO DA MEMORIA quixemos comezar a nova xeira de tertulias lembrando ás vítimas daqueles meses terribles de 1936. Farémolo contando coa presenza de tres fillos de asasinados hai setenta anos: Telmo Comesaña, de Alcabre, Antonio Monroy, tamén de Alcabre, e Benedita Alonso, de Coruxo. O acto será presentado polo historiador e director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome. Esta primeira tertulia terá lugar o venres 3 de novembro de 2006 ás 20:30 h no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar.

Indicamos as datas nas que se desenvolveran as TERTULIAS do curso 2006/07 tendo en conta que o seu horario (20:30 h.) e lugar (Pazo da Escola) manteñense invariables.

O3.11.06 ANO DA MEMORIA.
TELMO COMESAÑA. ANTONIO MONROY. BENEDITA ALONSO.
Fillos de asasinados en 1936
Presenta: Carlos Méixome. Historiador. Director do IEM

01.12.06 ANTÍA CAL. Pedagoga
Presenta: Pepe Pintado. Científico e investigador

12.01.07 FRANCISCO CARBALLO. Historiador e crego.
Presenta: Antonio Araúxo. Concelleiro en Gondomar

02.02.07 FRANCISCO DÍAZ FIERROS. Catedrático de Edafoloxía da USC
Presenta: Fernando Lahuerta. Profesor e biólogo.

02.03.07 FERNANDO GONZÁLEZ LAXE. Ex presidente da Xunta. Economista e profesor da Universidade da Coruña.
Presenta: Rafael Lores. Concelleiro en Baiona

06.04.07 MARÍA REIMÓNDEZ. Escritora e activista social
Presenta: Concha Costas. Profesora

04.05.07 ROSA FARALDO RIVAS. Picóloga social. Técnica en intervención social con mulleres.
Presenta: Concha Pazo. Psicóloga

01.06.07 TERESA MOURE. Escritora e profesora da USC
Presenta: Bieito Legaspi. Profesor



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa