Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 07/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow II CONFERENCIA ANUAL â??DON DIEGO SARMIENTO DE ACUÃ?Aâ??
II CONFERENCIA ANUAL â??DON DIEGO SARMIENTO DE ACUÃ?Aâ?? PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 09-11-2006

Visitas : 327


O próximo venres 10 de novembro terá lugar a II CONFERENCIA ANUAL “DON DIEGO SARMIENTO DE ACUÑA” para conmemorar o 400 aniversario do falecemento (2 de outubro de 1626) do Iº Conde de Gondomar.

Esta conferencia anual organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Concellería de Cultura de Gondomar terá lugar na Casa de Cultura da vila do Conde ás 20:30h.

Este ano pronunciará a conferencia o catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela PEGERTO SAAVEDRA FERNÁNDEZ  quen desenvolverá o tema de “O Reino de Galicia en tempos do Conde de Gondomar”.

O profesor Pegerto Saavedra Fernández naceu en 1951 e estivo sempre unido á Facultade de Historia compostelá. Hoxe está considerado como un dos máis destacados especialistas de Historia Moderna Española. Ademais dos seus libros máis coñecidos A Galicia do Antigo Réxime. Economía e sociedade (1992) e A vida cotiá en Galicia de 1500 a 1850 (1992), polo que recibiu o Premio da Crítica Galega de ensaio nese ano, publicou multitude de artigos en diversas revistas especializadas e en diversas obras colectivas.

O noso convidado será presentado polo profesor e coordinador destas conferencias anuais Manuel Luís Caldas Fernández



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa