Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 09/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow Final de película, este sábado en Gondomar
Final de película, este sábado en Gondomar PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 10-11-2006

Visitas : 579


Ancora Produccións: Final de películaEste sábado 11 de novembro, continuando coa Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño de Gondomar, poderase acudir á representación da obra "Final de Película" a cargo do grupo de teatro Áncora Produccións dirixido Gustavo Pernas Cora.

Sinopse: - Catro personaxes solitarios asisten nun minicine, en sesión de madrugada, á proxección dunha película alemá subtitulada que se interrompe cando está próximo o climax. Mentres agardan impacientes a que o acomodador arranxe a cinta, os espectadores especulan sobre os posibles finais e interpretan de xeito moi diverso e contraposto o argumento da película, amosando así cadanseus caracteres, ideoloxías e comportamentos que provocan pequenas liortas entre eles.
Pero un novo personaxe aparece na escena, unha rapaza que presenta moitas semellanzas coa protagonista do filme, o que aumenta a intriga da sesión nocturna. Daquela os conflitos reais dispararanse na sala mesturándose cos da ficción até confundirse e semellar que os espectadores encarnan os papeis da película.

Lugar: Auditorio Monicipal Lois Tobío de Gondomar
Hora: 22:30 H
Prezo entrada: 3€
Autor: Gustavo Pernas Cora
Director: Gustavo Pernas Cora
Elenco: Ánxela G. Abalo, Vicente de Souza, Fernando Morán, Xavier Deive, Estívaliz Veiga, Marcos Pereiro.
Público: Maiores de 14 anos



O AUTOR
 
Gustavo Pernas Cora, Viveiro, 1959. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1985 dedícase profesionalmente ao teatro, combinando traballos de actor en diferentes compañías co traballo de dirección e escrita dramática. Profesor de Guión e Teatro na Escola de Imaxe e Son da Coruña. En 1989 funda con Anxela G. Abalo a compañía de teatro Ancora Produccións na que dirixe e interpreta os seus propios textos: O Galego, a Mulata e o Negro (Ed.Tris-tram 1999) Premio Compostela ao Mellor Texto Dramático. Ladraremos (Comedia de amor e medo) Premio María Casares de Teatro. Fábula (Comedia nun só acto... sexual). Anatomía dun Hipocondríaco (Comedia Médica). Estas tres obras forman parte da Triloxía Comedias Paranoicas (Ed. Xerais 2000, colección Libros do CDG) proposta pola Real Academia da Língua Galega, para o Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2000.
 En 2001 publica Footing, Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña 2001. En 2004 publica as obras Paso de Cebra (Premio Max de las Artes Escénicas 2006) e Sucesos, conformado polas pezas: Ruinas, A Vella Sensación do Prohibido, Branco e Negro e ¡Ai, que sería de nós sen os obreiros! (Ed. Laoiovento 2004). En 2005 volve gañar o Premio Rafael Dieste con Final de Película, estreada e publicada en 2006. (Ed. Colección Teatro da Deputación da Coruña) En 2006 publica Medidas Preventivas (Ed.Biblos) e o ensaio Os Ollos de Victorine e a Construción da Cuarta Parede (Ed. Laoiovento).



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >