Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 10/08
Portada arrow Axenda arrow Salvemos Monteferro cre que o cambio no proxecto de vial é mínimo
Salvemos Monteferro cre que o cambio no proxecto de vial é mínimo PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 12-11-2006

Visitas : 456


Parking de Monteferro CompletoA asociación considera as variacións "unha burla" por parte de Deputación e o Concello de Nigrán

Segundo afirmou o portavoz da asociación ecoloxista, José Reigosa, os cambios efectuados no proxecto de construción dun vial en Monteferro só suprimiu a rotonda e o carril bici.

Alegan que na zona alta do monte nada cambiou, manténdose o ancho do vial, que na zona do monumento chegaría a ter 15 metros, aparte dos 25 metros que supón a praza para os autobuses e dos 70 metros de longo da construción do muro de contención que requiren as anchuras previstas no proxecto.

Trala visita da delegación da Consellería de Medio Rural a Monteferro para revisar a modificación efectuada pola Diputación e polo Concello de Nigrán no proxecto de construción do vial de acceso ao monte, a asociación Salvemos Monteferro afirmou que as diferenzas entre ambos proxectos son irrisorias. "Só desapareceu o carril bici na subida e a rotonda no cruce"

Os seus responsables recordaron ao Alcalde Alfredo Rodríguez e a Rafael Louzán que presentaron case 10.000 firmas no concello e na Diputación en contra do proxecto inicial, considerando a modificación "unha burla á cidadanía, xa que este plan é prácticamente igual ao anterior".

Neste sentido, José Reigosa rexeitou o intento das administracións de renovar a construción, alegando, entre outras cousas, que é contradictorio a las "normas subsidiarias do propio Concello", xa que "o proxecto dará un aspecto urbanizado ao espazo natural".

Así mesmo, recalcou que o proxecto tambien prevé a construción de 150 prazas de aparcamiento para coches e tres de autobuses, "A única explicación que se aportou para tal aberración é a falta de prazas o día que se celebra alí unha sardiñada, unha vez ao ano". A construción do vial xa ten orzamento asignado, aínda que a asociación loitará para que este non saia adiante.

Reigosa manifestou que "segue figurando no proxecto o asfaltado da pista forestal de baixada, incluído un carril para aparcar 125 vehículos ao longo do trazado", criticou. Na ordenanza número 17 das normas subsidiarias do Concello, figura a prohibición expresa do asfaltado de novos camiños, ademais de "evitar a invasión de automóbiles das zonas naturalmente asequibles".

O ecosistema de Monteferro sufrirá un duro golpe se se levan a cabo as obras.

Ademais de producir madeira, as árbores protexen a natureza da erosión hídrica, aparte de evitar a contaminación atmosférica, xa que absorben os compostos químicos xerados polas actividades humanas. 

www.salvemosmonteferro.org



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa