Nigrán espertou hoxe coa noticia en todos os medios, prensa, radio, TV e internet. A fiscalía presentou onte unha denuncia penal ante o xulgado decano de Vigo contra o alcalde popular de Nigrán, Alfredo Rodríguez, e cinco concelleiros por un suposto delito de tráfico de influencias. O Ministerio Fiscal cre que no Concello de Nigrán podería existir a comisión de feitos delituosos relacionados coa corrupción.
Os edís implicados son: Alfredo Rodriguez Millares (PP) / Alcalde, Carlos Quintas Martínez (PINN) / Urbanismo, José Comesaña Comesaña (PINN) / Vías y Obras , Antonio Fernández Comesaña (PINN) /Infraestructuras, Eduardo Misa Teixeira (PP) / Personal Avelino Fernandez (PINN) / Presidente do partido independente.
A investigación segue aberta, polo que o fiscal non formulou imputacións por medio dunha querela. O resultado das pescudas podería levar, con posterioridade, tanto ao exercicio da acción penal como ao sobresemento das actuacións.