Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 10/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow Antonio Palacios no Val Miñor
Antonio Palacios no Val Miñor PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 15-11-2006

Visitas : 443


normal_DSCN1369.jpgA Galería de Arte Iván Morillas (r/ Xulián Valverde, Sabarís, Baiona) acollerá a charla “A OBRA DO ARQUITECTO ANTONIO PALACIOS NO VAL MIÑOR” que pronunciará o profesor Xosé María Ramón Iglesias Veiga o xoves 16 de novembro de 2006 ás 20:30 h. nos locais da Galería de Arte Iván dentro do ciclo “A Arte e a Palabra” que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos.
Antonio Palacios deixou pegadas da súa obra no Val Miñor, tanto no proxecto da Virxe da Rocha baionesa como nos dous chalés que realizou en Praia América pero sobre todo foi no Templo do Mar de Panxón onde Antonio Palacios desenvolveu toda a súa enorme capacidade creativa. Todas estas obras serán analizadas polo profesor Iglesias Veiga. 
Iglesias Veiga é licenciado en Xeografía e Historia e realizou a súa tese de doutoramento sobre “A tendencia rexionalista na arquitectura galega das primeiras décadas do século XX”, na que tamén estudou a obra de Palacios. 
Membro numerario do Instituto de Estudos Vigueses, é profesor no IES Pino Manso do Porriño.Ten publicado diversos traballos sobre a arquitectura da cidade de Vigo, sobre Gómez Román e o Porriño. Sobre Palacios publicou: Antonio Palacios, arquitecto: do Porriño a Galicia (1993) e Antonio Palacios. A pedra, o país, a arte, o urbanismo (1995) e, en colaboración, Antonio Palacios. Plan de extensión e reforma interior da cidade de Vigo.
Foi asesor técnico da exposición sobre a obra de Antonio Palacios impulsada pola Xunta de Galicia e da exposición Antonio Palacios, arquitectura e cidade organizada polo concello de Vigo e o Círculo de Bellas Artes de Madrid.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa