Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow The Pinga Teatro presenta Urbe 2.0 en Gondomar
The Pinga Teatro presenta Urbe 2.0 en Gondomar PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 18-11-2006

Visitas : 808


The Pinga TeatroSeguindo co Certame de Teatro Roberto Vidal Bolaño organizado pola Concellería de Cultura do concello de Gondomar , este sábado actuarán  o grupo de teatro The Pinga Teatro coa súa obra Urbe 2.0.

Dirixida por Pedro Rentería, Urbe 02 narra a historia dun catalán, Peret Bru, un portugués, Susinho de Morais e un galego O Tapas que por riba das súas crenzas e dos seus prexuízos manteñen a amizade ao tempo que reflexionan con humor sobre os tres piares que moven o mundo: a saúde, os cartos e o amor.

Miguel Condal e Suso Pando escribiron o guión da obra e, xunto con Oscar Fernández, dan vida aos tres personaxes principais e a toda unha sorte de secundarios que van desde o doutor Roig e Ruidós, o doutor Conejo, os enfermeiros, o visitador, o sacerdote, a vítima da guerra e o xeneral. A Compañía The Pinga Teatro fundouse no ano 2000. Historias breves, Ligazón de Valle Inclán, Urbe de Miquel Condal e Suso Pando e Kasting dos mesmos autores son algúns dos seus montaxes. A Compañía fixo tamén traballos específicos para a Feira do viño de Amandi nos anos 2004 e 2005 creando Alegoría do viño e Invocación ao viño de Amandi.

En decembro 2005, The Pinga estreou a súa primeira montaxe infantil O Rei dos Mares da que tamén son autores Miquel Condal e Suso Pando. En abril do mesmo ano estrearon unha nova versión de Urbe, baixo o título de Urbe 02 versión 2.0". Esta segunda parte da comedia, que conta cunha nova escenografía e con máis gags, e a que poderemos ver a noite do sábado 18 de novembro en Gondomar 

A cita é ás 22:30h no Auditorio Lois Tobio de Gondomar.
O custe entrada 3 euros



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?