Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 08/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Xose Luís Miguélez, primeiro titulado superior en música tradicional
Xose Luís Miguélez, primeiro titulado superior en música tradicional PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 23-11-2006

Visitas : 511


Todo o panorama nacional da música tradicional non dubida en tachar o acontecemento como un "feito histórico".

A actualidade do Val Miñor sempre pasa por alto e olvida a persoeiros que realmente son o valor patrimonial e identidade do que é noso, do que nos fai máis aunténticos e únicos. Os verdadeiros portavoces e representantes do noso país.

Este é o caso do xoven músico e compositor galego Xose Luís Miguélez Sainza, ourensán de nacemento afincado e empadroado dende máis de 3 anos no concello de Baiona.  
O 21 de Novembro, a súa carreira profesional tocou outra máis das cimas como músico profesional. Xose Luís Miguélez converteuse no primeiro músico de España en acadar á titulación superior en Música Tradicional Galega.


É mestre no Conservatorio Profesional de música de Vigo dende o ano 2003 e imparte neste cento as disciplinas de “Gaita Galega”, “Conxunto instrumental-Gaita Galega” e “Iniciación ó Jazz”.

Comeza a súa andaina no ano 1980 dentro da "Escola de Gaitas da Deputación de Ourense" co gaiteiro e artesán Manuel Brañas para continuar, a partires do 86, con Xosé Lois Foxo ata o ano 91. Paralelamente cursa estudos de Linguaxe musical, Armonía e Frauta travesera no Conservatorio Profesional de música de Ourense, no ano 90 acada o Diploma en Gaita Galega polo plano de estudos do 66 no Conservatorio Superior de música de Vigo co mestre Carlos Núñez. Despois dun periodo de estudo autodidacta entra no Conservatorio Mayeusis de Vigo onde, da man do gaiteiro e compositor Ernesto Campos , titúlase en Grao Profesional en Gaita Galega.

Dende o ano 97 ven traballando paralelamente como saxofonista no ámbito do jazz e a música moderna, nestes intres finaliza os seus estudos entre as cidades de Londres e Oporto onde cursa a “Licenciatura en Jazz”” pola Universidade de Porto – Portugal dentro da Escola Superior de música e artes do espectáculo (ESMAE)

Unha traxectoria de premios e recoñecementos
En canto a súa traxectoria como intérprete de Gaita, deuse a coñecer no “McAllan Trophy 89” celebrado en Lorient – Francia acadando a fase final para, un ano máis tarde e con tan só 17 anos de idade, gañar o “Concurso Fin de Siglo para Gaita Galega”. Ten pasado por numerosas formacións musicais entre as que podemos nomear, nos seus comezos, á Banda de Gaitas da Deputación de Ourense como solista desta agrupación, á Agrupación folclórica Castro Floxo de Ourense  ou ó grupo folk Mutenrohi ; posteriormente forma parte, entre outros, do  Alberto Conde grupo, e gaiteiro e saxofonista na xira organizada polo Xacobeo 04 na <Tribus band>. 

O seu traballo publicado.
Asimesmo, durante todo este tempo fai máis de media ducia de gravacións discográficas con diferentes proxectos musicais, participando en actividades editoriais dentro da música galega como as publicacións "Doce polainas enteiras" e "De pano sedán", sendo na actualidade un dos coordinadores da revista galega especializada en etnomusicoloxía "Etno-Folk". Por último, destacar a recente publicación coa editorial Dos Acordes do Volume I dos “Estudios para Gaita Galega”, un traballo didáctico para a aprendizaxe do instrumento dentro da serie “Cadernos de Gaita Galega”. 


Falaremos con Xose Luís Miguélez próximamente aquí, en valminor.info
Se queredes máis información deste músico podesde visitar a súa nova web www.xlmiguelez.com 

Outros enlaces relacionados:
Asociación de Gaiteiros Galegoshttp://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=279



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa