| o 24-11-2006
|
Visitas : 393 |
 Mofa e Befa - Sempre ao Lonxe Seguindo coa mostra de teatro Roberto Vidal Bolaño de Gondomar, este sábado tócalle o turno á formación cómica por excelencia do teatro galego. Mofa e Befa estrea espectáculo, con máis música e coas doses de humor acedo que caracterizan cada unha das súas montaxes: Sempre ao lonxe (ou a decadencia étnica) é unha colección de scketches sobre o fin das etnias que está chegando...
A cita, coma sempre, sábado ás 22:30h no Auditorio Lois Tobio de Gondomar. O custe entrada 3 euros
Sinopse. Dende unha perspectiva didáctica e científica, Sempre ao lonxe preséntasenos como unha reflexión sobre a "fauna" humana e as distintas "especies" que a compoñen. É un asalto aos prexuízos cos que xulgamos aos que son distintos a nós, ou o seu comportamento dun modo singular, e por outro lado é un canto á liberdade de ser e expresarse como un desexa e non como marcan os cánones sociais. Mofa e Befa reutilizan de novo o seu humor ácido para facernos reflexionar sobre a convivencia, a sociedade e en definitiva os medos a ser libre e as ataduras ás que nos vemos suxeitos nun entramado de relacións sociais. Nesta nova proposta, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira vense máis arroupados pola música de Piti Sanz, que ten unha maior presenza que nos anteriores espectáculos, con diversas cancións e músicas ao longo do show.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|