Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 07/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow A pedagoga Antía Cal, nas tertulias do IEM
A pedagoga Antía Cal, nas tertulias do IEM PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 29-11-2006

Visitas : 303


O Colexio Rural Agrupado de Gondomar leva o seu nome
O próximo venres, 1 de decembro, terá lugar a segunda das TERTULIAS DO IEM deste curso 2006-07. Como é costume será ás 20:30 h. no Pazo da Escola. Nesta ocasión estará con nós a pedagoga Antía Cal que exerceu durante anos o seu maxisterio no Colexio, do que foi fundadora e directora, Rosalía de Castro de Vigo.
A súa profunda pegada como pedagoga fixo que o Colexio Rural Agrupado de Gondomar decidise, no seu momento, homenaxeala poñéndolle o seu nome. Na actualidade segue con paixón o mundo educativo e sobre os retos actuais do ensino falará na Tertulia do IEM. A nosa convidade será presentada polo científico do Instituto de Investigación Mariñas do Centro Superior de Investigacións Científicas, miñorán e ex alumno do Rosalía de Castro, Xosé Pintado Valverde.
Ao remate da TERTULIA, aberta ao público, terá lugar unha cea coa nosa convidada. Para asistir á mesma, e tendo en conta que as prazas son limitadas, pregamos fagan a reserva no 680 644 490.

Antía Cal
Antía Cal naceu na Habana no ano 1923, volvendo a Galicia de nena. Licenciouse en Xeografía e Historia na Facultade de Letras de Compostela no ano 1945.
A súa vocación pola pedagoxía, impulsada polo seu home, Antón Beiras García, e influída polas correntes pedagóxicas que coñeceu viaxando con el por Europa, levárona a crear no ano 1962 a Escola Rosalía Castro de Vigo.
Fronte a escola daquela época, o Rosalía foi pioneiro en moitos aspectos: unha escola laica, mixta, bilingüe (co inglés como segundo idioma dende o parvulario), na que primaba o respecto ó alumno, como suxeito de dereitos, e cunha didáctica activa na que mestres, pais e alumnos participaban do proxecto pedagóxico. Unha escola inserida no entorno social, comprometida ca reivindicación da realidade e a cultura galega, e en contacto estreito cos novos movementos de renovación pedagóxica, coma a Escola de Mestres Rosa Sensat de Cataluña, liderada por Marta Mata.
Antía Cal segue a ser hoxe unha das voces mais autorizadas que temos en Galicia no ámbito da pedagoxía, e dese tema falará con nós.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa