| o 01-12-2006
|
Visitas : 823 |
Talía Teatro pecha esta edición da Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño de Gondomar o sábado 2 de nadal no auditorio Lois tobío de Gondomar. O cartel da mostra sufiru un cambio por problemas técnicos da compañía e a obra "Bicos con Lingua" sustituirá a anunciada "Quero se Grande"
"Bicos con língua" é unha proposta chea de intención que repara na situación sociolingüística pola que atravesa o uso do idioma nas diferentes facetas da nosa vida, a través do tempo e do espazo, elevando a voz e sinalando co dedo se é preciso. Iso si, sempre cun necesario e gratificante sorriso na cara. Foi galardoada con dous Premios María Casares, ao mellor actor (Artur Trillo) e ao mellor texto orixinal e ten unha boa acollida entre o público.
A concesión dos premios e a boa crítica que circula pola rede deste espectáculo estannos levando a concellos onde nunca actuaramos anteriormente. O boca a boca funciona incluso no ámbito de Internet, xa que son os propios internautas, xente que foi ver con anterioridade a obra, a que está recomendando a asistencia a ela. Semella que a obra está a chegar á xente.
Talía Teatro, fundada por Artur Trillo no ano 1988, converteuse en compañía profesional en 1996 con A secreta obscenidade de cada día, dirixida por Cándido Pazó. Entre as súas montaxes destacan Ai, Carmela, Soños dun seductor, Xustiza infinita, que se representou hai dous anos na Universitat de Barcelona, e Molière final.
Data: 2 Nadal Hora:22:30 h Lugar: Auditorio Lois Tobío Gondomar Prezo entrada: 3 Euros
|
|
|
 |
|
|
|
|
|