Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

03 12/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow Talí­a teatro pecha a mostra de teatro de Gondomar
Talí­a teatro pecha a mostra de teatro de Gondomar PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 01-12-2006

Visitas : 821


Talía Teatro pecha esta edición da Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño de Gondomar o sábado 2 de nadal no auditorio Lois tobío de Gondomar.
O cartel da mostra sufiru un cambio por problemas técnicos da compañía e a obra "Bicos con Lingua" sustituirá a anunciada "Quero se Grande"

 "Bicos con língua" é unha proposta chea de intención que repara na situación sociolingüística pola que atravesa o uso do idioma nas diferentes facetas da nosa vida, a través do tempo e do espazo, elevando a voz e sinalando co dedo se é preciso. Iso si, sempre cun necesario e gratificante sorriso na cara. Foi galardoada con dous Premios María Casares, ao mellor actor (Artur Trillo) e ao mellor texto orixinal e ten unha boa acollida entre o público. A concesión dos premios e a boa crítica que circula pola rede deste espectáculo estannos levando a concellos onde nunca actuaramos anteriormente. O boca a boca funciona incluso no ámbito de Internet, xa que son os propios internautas, xente que foi ver con anterioridade a obra, a que está recomendando a asistencia a ela. Semella que a obra está a chegar á xente.

Talía Teatro, fundada por Artur Trillo no ano 1988, converteuse en compañía profesional en 1996 con A secreta obscenidade de cada día, dirixida por Cándido Pazó. Entre as súas montaxes destacan Ai, Carmela, Soños dun seductor, Xustiza infinita, que se representou hai dous anos na Universitat de Barcelona, e Molière final. 


Data: 2 Nadal
Hora:22:30 h
Lugar: Auditorio Lois Tobío Gondomar
Prezo entrada: 3 Euros



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >