Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 10/08
Portada arrow Novas arrow Xerais arrow As mentiras nunca serán verdades, Sr. Silva
As mentiras nunca serán verdades, Sr. Silva PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 10-12-2006

Visitas : 524


Ante as manifestación feitas polo Sr. Silva, onde unha vez mais, ante a falta da razón no seu discorrer pola vida política, utiliza a mentira para dicir que a executiva do PSdeG-PSOE minte,é indicado facer as seguinte aclaracións: Mire, si entón nos estamos a mentir, porque vostede interpón outro recurso de súplica ante oTSXG contra o novo auto dictado o 25 de outono. Eu creo que cando a un se lle dá a razón non presenta recurso. Vostede, entre outras cousas mais, vai pasar por ser o alcalde deste concello coñecido polo “o súplicas”. ¿Cantas van?.

O TSXG, nese auto, non demostra que o PXOUM está en vigor, senón que ratifica moi claramente que as sentencias de dita sala de datas 21-11-05 e 22-12-05, seguen en vigor, e sabe o que dicía literalmente unha delas, ... ...que el Tribunal Supremo se pronunció al respecto en sentencia de 22-02-05.
Dicha Sentencia de 15-11-01 declaró la nulidad del referido acuerdo de 9 agosto de 1997 y en consecuencia ello supone efectivamente ladesaparición del mundo jurídico del referido PGOM de 1997, no habiéndose alcanzadoen la referida sentencia una mera anulación parcial de algunos extremos en relación conel acuerdo anulado sino una integra anulación del mismo lo que supone que el PGOM de1997 ha dejado de existir como consecuencia de la referida anulación,..


Por iso dito auto lle ben dicir que se adopten as medidas cautelares solicitadas polo letrado da Xunta para salvagardar os lexítimos intereses dos cidadáns, xa que vostede non é quen de velar por eles debido a súa actitude de rebeldía permanente contra a administración e a xustiza. Non se lle esqueza que atópase cun proceso xudicial aberto pola súa actuación e mais a do seu desgoberno.

Agora ven a esixir xenerosidade e apoio de tódalas administracións e que non é o momento para a confrontación para que Gondomar dispoña dun plan seguro; velaí como vostede implicitamente ven recoñecendo que non temos plan, de verdade que vostede é esperpéntico. A súa actuación lonxe de ser a do alcalde de tódolos gondomareños, actúa dunha maneira caciquil, reaccionaria, xa que de xeito premeditado vai presentado un borrador do plan a diversos colectivos, e os representantes lexítimos do pobo, os concelleiros da oposición os ignora. 

Non queira ser a víctima neste asunto, xa que vostede polo cargo que ten, é o maior culpable, -non o único-, incumpre tódolos prazos, minte, foi quen de por a tódolos técnicos do concello de acordo e os seus informes son negativos. Deixe de dilapidar os cartos de todos en asesoramento externo, que este pobo sufre a diario de moitas necesidades básicas, que pola súa incompetencia manifesta, supoñen un verdadeiro atranco cara o progreso que este concello está demandando e lle son negadas. Pinocho o seu lado é un aprendiz.

De Lis Fiúza
Sº Xeral da Agrupación Municipal Socialista de Gondomar



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estarías de acordo en que Baiona, Nigrán e Gondomar se unisen nun só concello?