| o 20-12-2006
|
Visitas : 817 |
O grupo miñorán DAKIDARRíA, recén aterrado tralo súa xira por terras Mexicanas, entra a gravar o seu segundo disco. Os do Val Miñor convertéronse nunha banda internacional tras realizar unha xira de 15 días pola republica de México. O Azteca tour VII (Festival itinerante onde en anos anteriores participaron bandas como SKA-P, ROSENDO, BOIKOT, REINCIDENTES), contou esta vez coa presenza destes galegos que descargaron a súa música por terras aztecas. A xira, que contou con varias actuacións televisivas, levounos por Mexico D.F., Toluca, Metepec, Hermosillo, Los Mochis. Un percorrido intenso pola metade norte do país xunto a cinco grupos máis.
Tras unha xira peninsular durante todo o 2006 e esta xira Mexicana, DAKIDARRIA adicarase, no mes de Xaneiro, a gravar o seu segundo disco, que está previsto que saia á luz en marzo de 2007 en España e en maio en México. Do seu primeiro disco "FRAGASAURUS REX" levan vendidas máis de 2000 copias, cifra que esperan superar con este segundo disco, pola gran madurez adquirida pola banda tras cinco anos de traballo en común e polo minucioso traballo que se leva a cabo no estudo.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|