Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 10/08
Portada arrow Novas arrow Gondomar arrow Concerto do cuarteto de guitarra Os Catro Elementos en Baiona
Concerto do cuarteto de guitarra Os Catro Elementos en Baiona PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 28-12-2006

Visitas : 769


Los cuatro Elementos - ConciertoActuación o venres día 29 do cuarteto de guitarras "Os Catro Elementos", dentro dos concertos de nadal da concellería de Cultura de Baiona. O concerto terá lugar na sala de usos múltiples da Capitanía Marítima, na rúa Elduayen ás 20 horas.
O repertorio irá dende a música española ata a sudamericana, tanto con obras orixinais para dita formación como arranxos de pezas de Piazzolla ou Gerswing. OS CATRO ELEMENTOS
Resulta difícil concretar en que momento se produce a formación de “Os Catro Elementos”.
Cabe a posibilidade de que a súa unión fose algo predecible moito antes de se coñeceran entre eles, como un fenómeno de causa-efecto guiado por forzas naturais. Outra posibilidade apunta na dirección de que a súa verdadeira fusión non se produce senón moito despois dos seus primeiros encontros.
Tan só podemos precisar que “Os Catro Elementos” coincidiron a través do Conservatorio Superior de Música de Vigo para conformar un cuarteto de guitarras que toma o seu nome da obra homónima escrita para esta formación polo compositor francés Francis Kleynjans.

AGUSTÍN LAGE nace en Santa Cruz de Tenerife, e no ano 1996 traládase a Ponteareas. Fórmase nos conservatorios Reveriano Soutullo e Superior de Música de Vigo, onde estuda guitarra con Margarita Escarpa e Tomás Camacho. 
Foi galardoado con varios premios: no 2004 recibe o Primeiro Premio no “II Concurso Internacional de Guitarra Concello de Gondomar” e no 2006 recibe o Primeiro Premio no concurso de guitarra “III Estágio Internacional de Orquesta da Regiao
de Leiría/ Fátima”.
Desempeñou a súa labor pedagóxica en distintas academias e escolas de música, como o Conservatorio Infantil de Ponteareas, o colexio Fermín Bouza Brey de Ponteareas ou a Escola de Música de Salceda de Caselas.

ENEAS FREIRE, nacido en Baiona en 1979, comeza os seus estudos musicais en Gondomar aos catorce anos, pasando máis tarde ao Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde finaliza a súa carreira. Na actualidade exerce como profesor de guitarra no Conservatorio de Música de Gondomar.

OSWALDO COSTAL ORO nace en Vigo en 1980 e comenza os seus estudos musicais co seu avó, o compositor José Oro Val. Máis tarde remataría os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Ten asistido a numerosos cursos de perfeccionamento instrumental cos mestres máis destacados do panorama internacional. 
Como guitarrista clásico foi invitado a tocar na “Semana da Guitarra” organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Vigo, e no “Festival Internacional de Tui”. 
Foi galardoado cunha Mención de Honra no “IV Concurso Internacional de Guitarra Concello de Gondomar”. 
Actualmente amplía os seus estudos de música moderna.

IAGO REIGOSA forma no ano 1995 xunto á guitarrista Ángela Ferreiro o dúo “Arte en pArte” adicado á interpretación da música do século XIX con guitarras clásico-románticas co que grava un CD adicado á música para dúas guitarras do compositor catalán Fernando Sor no selo italiano Nuova Era.
Teñen recibido premios en distintos concursos en Italia e Polonia, e tocaron en cidades como Madrid, Barcelona, Valencia, Munich ou Michaelstein, entre outras.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa