| o 19-01-2007
|
Visitas : 462 |
Varios veciños de Ponteareas denunciaron xa a infección dos seus teléfonos móbiles por mor du virus que se instala a través dunha mensaxe multimedia (MMS).O título da mensaxe "Más que amigos" , pode traer efectivamente máis complicacións e gastos que a de "ter un amigo". Varios veciños denunciaron recentemente perante a Garda Civil un caso de fraude telefónico no que un suposto virus realiza chamadas e conexións a internet gastando o saldo completo no caso dos teléfonos de prepago ou excesivas facturas no caso dos teléfonos de contrato. Un dos veciños asegura que ante a impasibel mirada da súa compañía que non tentou solucionar o problema veuse no abrigra de denuncialo ante a Garda Civil logo de comprobar que o seu teléfono móbil gastaba o saldos completos en plena noite e sen actividade nengunha.
Dende encender o teléfono automáticamente, enviar mensaxes multimedia ou conectarse a internet de forma continuada, ... feitos atribuibles ao suposto virus informático instalado a través da descarga da mensaxe multimedia "Más que amigos". No ano 2000 a BBC difundía a noticia do primeiro virus informático en dispositivos móbiles que o que facía era enviar mensaxes de texto SMS indiscriminadamente.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|