Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 08/08
Portada arrow Novas arrow Gondomar arrow Xornadas de Urbanimo de Nigrán
Xornadas de Urbanimo de Nigrán PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 23-02-2007

Visitas : 439


Presentación das XornadasVarias asociacións e colectivos do Val Miñor, organizamos as primeiras Xornadas de Urbanismo de Nigrán co obxetivo de que o veciños e veciñas da comarca continúen o debate necesario sobre o seu futuro; debate que comezou hai xa algún tempo e que nesta altura queremos avivar.

As xornadas celebraranse todos os sábados do mes de Marzo ás 19:00h, a máis dunha charla o xoves 22 ás 20:00h co arquitecto Pedro de Llano.

Dado que o concello de Nigrán non dispón de ningún auditorio nin sala pública para a realización das xornadas, as charlas celebraranse nunha aula do colexio público H. Juanes de Vilameán (Nigrán). Así mesmo porque para este lugar e o seu contorno lle tiñan reservado un destino que o pobo de Nigrán non aceptou nin vai aceptar nunca: xa que este é un terreo de dominio público que non pode entrar como moeda de cambio en ningún “cambalache” inmobiliario para beneficio particular. Non o consentiremos.

Cando falamos de urbanismo, falamos de como os habitantes de Nigrán queremos organizar o noso territorio, en función dunhas perspectivas de desenvolvemento socioeconómico, dunhas previsións de crecemento da poboación, e respectando sempre os intereses das persoas que aquí vivimos ou que aquí veñan a vivir. Queremos que as xeracións máis novas continúen vivindo aquí, e que non se vexan obrigadas a emigrar porque os pisos e casas sexan de acceso economicamente imposible para a nosa xente.

Pensamos que este é o criterio a ter en conta cando falemos de planeamento: o respecto pola dignidade e pola identidade das nosas parroquias, o respecto polo noso patrimonio natural e polo noso patrimonio histórico e cultural.

Calquera estudo arquitectónico ou urbanístico - o deseño dun novo Plan Xeral de Ordeación Municipal para Nigrán - deberá antepoñer o interese xeral ao interese particular, o interese da maioría dos veciños e das veciños de Nigrán fronte a intereses especulativos ou de enriquecemento rápido de catro “espabilados”.

Para axudarnos a pensar e a tomar decisións traemos a estas xornadas a profesionais no campo da arquitectura, dereito, historia, economía e medio ambiente; para que nos expoñan as súas ideas sobre un urbanismo harmónico e saudable, que facilite e faga máis e agradable a nosa vida.

O planeamento de Nigrán deberá ser elaborado por todas e por todos nun proceso democrático e transparente. Sirvan estas Xornadas como elemento de reflexión por un Nigrán mellor, nun Val Miñor máis acolledor e saudable. 


Máis información na web:  www.pxomnigran.com

Organizan e patrocinan.
A.VV A Irmandade de Priegue
A. VV Dunas de Nigrán
Clube Espeleolóxico Maúxo
Instituto de Estudos Miñoranos
Plataforma Nunca Máis Val Miñor
Plataforma ecoloxista Salvemos Monteferro
Portal de información Valminor.info

 Logotipos patrocinadores




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa