Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

03 12/08
Portada
Continúan as xornadas de urbanismo en Nigrán con Pedro de Llano PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 
o 20-03-2007

Visitas : 749


Este XOVES 22 MARZO ÁS 20,00 no COLEXIO H. JUANES (VILAMEÁN) celebrarase a cuarta Xornada que contará coa presencia do arquitecto Pedro de Llano Cabado que versará a súa intervención sobre:  Galicia: A ruptura dunha cultura do territorio.

Cando non hai máis de medio século Galicia contaba cunha paisaxe homoxénea e respectada, comezou un camiño de crecente e tolerada destrución. Desde entón, a evolución da nosa arquitectura do territorio viviu un caótico proceso destrutivo marcado por unha groseira actitude especulativa, controlado só por unhas inoperantes e conservadoras leis e documentos urbanísticos.
Resulta, pois, imprescindible poñer en crise ese marco legal e repensar o futuro da nosa realidade espacial introducindo unha nova visión da organización do territorio galego, considerado no seu conxunto, que nos permita elaborar modelos conceptuais de intervención que posibiliten o seu desenvolvemento, ao tempo que salvagardan a súa particular personalidade. Pedro de Llano Cabado

Arquitecto en exercicio e profesor na ETS de Arquitectura da Coruña. Colabora en revistas de arquitectura e noutras como Luzes de Galicia, Grial ou Tempos Novos. É autor de obras como "Arquitectura Popular en Galicia. Razón e construción" e outras sobre Álvaro Siza, Alejandro de la Sota, Le Corbusier ou Carlos Maside, así como sobre arquitectura holandesa ou sobre o Piornedo.
Por algunhas destas obras fóronlle concedidos premios como o da Crítica Galicia de Ensaio, o da Crítica Galicia de Ciencias e Artes da Comunicación ou o VII Premio do COAG. 

Máis información www.pxomnigran.com



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >